A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) quere expresar a nosa satisfacción e o noso agradecemento ás empresas que colaboran como patrocinadoras nesta II edición dos Premios de Arquitectura Próximos 2026, así coma do ciclo anual de conferencias que a Delegación organiza ao longo do ano, e tamén do noso Programa de Mentoring.
A nosa satisfacción ten un dobre motivo. O apoio destas entidades resulta fundamental para facer posible estas iniciativas, que teñen como obxectivo visibilizar o traballo da arquitectura de proximidade, promover o debate profesional e achegar a cultura arquitectónica á sociedade.
Pero ademais, estas cinco empresas representan o mellor do sector da construción en Galicia e por tanto encaixan o espírito que esta iniciativa da Delegación de Santiago do COAG pretende reivindicar, que no e outra que a posta en valor do ecosistema no que se xera a mellor arquitectura do nosa contorna.
Empresa galega especializada en enxeñaría, fabricación e montaxe de sistemas de fachada e envolventes arquitectónicas, desenvolvendo solucións en aluminio e vidro para edificios singulares
Compañía internacional de orixe galega dedicada á transformación industrial da madeira, líder no desenvolvemento de taboleiros técnicos e solucións innovadoras para arquitectura e interiorismo
Empresa galega especializada na transformación de pedra natural e pezas para construción industrializada, así como carpintería e elementos singulares para proxectos arquitectónicos contemporáneos
Empresa galega dedicada á fabricación de prefabricados de formigón, con ampla experiencia en solucións estruturais e construtivas para edificación e obra civil
Fabricante galego de tella cerámica e sistemas de cuberta, con tradición industrial e presenza internacional no ámbito das solucións para cubertas arquitectónicas
Confiamos en que a celebración desta nova edición dos Premios, así coma o ciclo de conferencias contribúa a aproximar a arquitectura á sociedade.
Esperámosvos!
