Categoría

Xornada divulgativa sobre as ECCOM (Entidades de Certificación de Conformidade Municipal)

Xornada divulgativa sobre as ECCOM (Entidades de Certificación de Conformidade Municipal)

Ecutecnia ten o pracer de convidarlle á xornada divulgativa sobre as ECCOM (Entidades de Certificación de Conformidade Municipal) que se celebrará en Santiago de Compostela o próximo 20 de maio.

O obxectivo deste evento é dar a coñecer a figura das ECCOM, reguladas no Decreto 60/2025, as súas vantaxes operativas e a experiencia acumulada en diferentes municipios. Ademais, explicarase o marco normativo de aplicación e a súa integración na tramitación administrativa local mediante os informes de conformidade emitidos polas ECCOM.

• Data: 20 de maio de 2026
• Lugar: Auditorio Edificio Fontán. Cidade da Cultura. Monte Gaiás s/n.
15707, Santiago de Compostela
• Modalidade: Presencial
• Horario: De 9.00 a 13.30 horas. Ao finalizar servirase un cóctel para todas as persoas asistentes.

INSCRICIÓNS: https://jornadaeccom2026.com/

Organiza: ECUTECNIA / Colaboran: Xunta de Galicia e Fegamp / Patrocina: Asefa Seguros

read more…

Fallo dos Premios Próximos 2026

Fallo dos Premios Próximos 2026

Co nome de Premios “Próximos” quérese facer referencia ao espírito do ciclo de conferencias que, ao longo dos últimos anos, ven organizando a Delegación de Santiago co obxectivo de dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos a nosa delegación determinados polo emprazamento das obras.

Conforme á convocatoria realizada a finais do mes de febreiro, un total de 40 propostas foron presentadas á edición do ano 2026 dos Premios PRÓXIMOS. O xurado da presente edición emitiu o seu fallo polo cal destaca 11 das candidaturas presentadas. read more…

Gala de entrega dos Premios Gran de Area 2025

Gala de entrega dos Premios Gran de Area 2025

As Xuntas Directivas das delegacións de Pontevedra, Ourense e Vigo do COAG teñen o pracer de convidarvos á gala de entrega dos Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2025, que terá lugar o vindeiro sábado 23 de maio no novo Auditorio de Marín, situado na Praza de España. O prazo de inscrición remata o mércores 20 de maio ás 13:00 horas. read more…

Concello de Castroverde – Unha praza de Arquitecto/a

Concello de Castroverde – Unha praza de Arquitecto/a

No BOP-Lugo de 5 de maio aparce o anuncio do acordo da Xunta de Goberno Local celebrada en sesión ordinaria o 22 de abril de 2026, polo que se aproban as bases e convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza en propiedade de funcionario de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, de técnico/a superior de Arquitectura do Concello de Castroverde, Grupo A1 mediante o sistema de oposición. read more…

Fallo do Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)

Fallo do Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)

Publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, con data 7 de maio, a Finalización da Fase 2 deste concurso de proxectos. Pode consultarse no seguinte enlace (no epígrafe “Mesas”, dentro da sección “Datos da mesa 3”, no documento Ditame das valoracións):

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=826503&lang=gl#consulta-resolucion

Así mesmo, coa mesma data anunciase a apertura de sobres:

PROVIDENCIA DE ALCALDÍA

Asunto: Convocatoria do xurado para acto de apertura do sobre nº 1 (levantamento do anonimato)

En relación co procedemento de concurso de proxectos en dúas fases con intervención de xurado, e de conformidade co previsto no prego que rexe o mesmo,

DISPOÑO

Primeiro.– Convocar ao xurado do concurso para a celebración do acto público de apertura do sobre nº 1 (documentación identificativa), ao obxecto de proceder ao levantamento do anonimato das propostas seleccionadas.

Segundo.– O acto terá lugar o día luns, 11 de maio de 2026, ás 10:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Festival M.A.R.C.O.

Festival M.A.R.C.O.

Os días 8, 9 e 10 de maio levaranse a cabo diferentes e diversas actividades relacionadas coa Arquitetura, a Arte e a Aldea ( “O festival triple A”).

Queremos convidarvos especialmente á participación no acto de presentación que terá lugar o día 8 de maio, ás 10:00 da mañá en Casa Meyre, Santa Eulalia de Vedra.

Precisamos CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA no teléfono 653.280.085

read more…

Fallo do Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra) – Apertura de sobre nº 1

Fallo do Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra) – Apertura de sobre nº 1

Publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público, con data 11 de maio, o fallo do xurado deste Concurso, no que saíu premiada a proposta "XEITO 8", dos arquitectos Rodrigo Martínez García e Arturo Menduiña Hernández da sociedade Baile Menduiña, S.L.P. Así, as...

Festival M.A.R.C.O.

Festival M.A.R.C.O.

Os días 8, 9 e 10 de maio levaranse a cabo diferentes e diversas actividades relacionadas coa Arquitetura, a Arte e a Aldea ( "O festival triple A"). Queremos convidarvos especialmente á participación no acto de presentación que terá lugar o día 8 de maio, ás 10:00 da...