Publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, con data 7 de maio, a Finalización da Fase 2 deste concurso de proxectos. Pode consultarse no seguinte enlace (no epígrafe “Mesas”, dentro da sección “Datos da mesa 3”, no documento Ditame das valoracións):
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=826503&lang=gl#consulta-resolucion
Así mesmo, coa mesma data anunciase a apertura de sobres:
PROVIDENCIA DE ALCALDÍA
Asunto: Convocatoria do xurado para acto de apertura do sobre nº 1 (levantamento do anonimato)
En relación co procedemento de concurso de proxectos en dúas fases con intervención de xurado, e de conformidade co previsto no prego que rexe o mesmo,
DISPOÑO
Primeiro.– Convocar ao xurado do concurso para a celebración do acto público de apertura do sobre nº 1 (documentación identificativa), ao obxecto de proceder ao levantamento do anonimato das propostas seleccionadas.
Segundo.– O acto terá lugar o día luns, 11 de maio de 2026, ás 10:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.
