Ecutecnia ten o pracer de convidarlle á xornada divulgativa sobre as ECCOM (Entidades de Certificación de Conformidade Municipal) que se celebrará en Santiago de Compostela o próximo 20 de maio.
O obxectivo deste evento é dar a coñecer a figura das ECCOM, reguladas no Decreto 60/2025, as súas vantaxes operativas e a experiencia acumulada en diferentes municipios. Ademais, explicarase o marco normativo de aplicación e a súa integración na tramitación administrativa local mediante os informes de conformidade emitidos polas ECCOM.
• Data: 20 de maio de 2026
• Lugar: Auditorio Edificio Fontán. Cidade da Cultura. Monte Gaiás s/n.
15707, Santiago de Compostela
• Modalidade: Presencial
• Horario: De 9.00 a 13.30 horas. Ao finalizar servirase un cóctel para todas as persoas asistentes.
INSCRICIÓNS: https://jornadaeccom2026.com/
Organiza: ECUTECNIA / Colaboran: Xunta de Galicia e Fegamp / Patrocina: Asefa Seguros
