Categoría

Xornada “Productividade para estudios de arquitectura”_ Lorenzo Barnó [gravación]

Xornada “Productividade para estudios de arquitectura”_ Lorenzo Barnó [gravación]

O obxectivo desta charla – taller foi dar as pautas e rutinas necesarias para mellorar a produtividade dos profesionais vinculados á arquitectura, a construción e a sustentabilidade, tanto se están a iniciar a súa traxectoria laboral coma se xa levan varios anos exercendo a profesión. Esta xornada, dirixida polo arquitecto e arquitecto técnico Lorenzó Barnó, centrouse nos patróns que é preciso adoptar para aumentar o noso rendemento laboral, investindo o tempo xusto e necesario e afastando todo aquilo que reduza a nosa eficacia profesional, e de cómo a Intelixencia Artificial pode axudarnos a ser máis eficientes.

read more…

Xornada informativa sobre o RETA [gravación]

Xornada informativa sobre o RETA [gravación]

O pasado mércores, 26 de xuño, tivo lugar unha xornada informativa sobre o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA). O obxectivo desta xornada foi informar aos colexiados sobre o novo sistema de cotización para autónomos e as súas principais novidades.

Este réxime, pertencente á Seguridade Social, é un dos sistemas dispoñibles no que pode inscribirse calquera persoa que realice de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica, e que nós, como arquitectos, podemos empregar para tributar polos nosos ingresos como profesionais libres.

Relatora:
Dna. Victoria Regueira Rodríguez. Membro do Corpo Superior de Letrados da Administración da Seguridade Social. Letrada xefa do Servicio Xurídico Delegado no ISM de A Coruña. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e cursos de Doutorado. Formadora en temas da  Seguridade Social na EGAP, Dirección Provincial do INSS, Xunta de Galicia, no Máster da Xurisdicción Social no ERLAC e en distintos colexios profesionais.

Pódese acceder á gravación desta xornada na nova páxina de gravacións exclusivas para colexiados:

https://apps.coag.es/contenidos/videos

#COAGconta: Dúbidas de aplicación da LOE [gravación]

#COAGconta: Dúbidas de aplicación da LOE [gravación]

O pasado xoves 27 de xuño ás 12:00 horas, Enrique Urdiales de Santiago explicou algunhas das dúbidas máis recorrentes da Lei de Ordenación da Edificación, sobre a súa aplicación e a competencia profesional dos técnicos intervinientes.

  • Construcciones de sencillez técnica y de escasa entidad constructiva: Los galpones.
  • Usos del grupo c): Nave para almacén y otros.
  • Uso “residencial en todas sus formas”: Cambio de uso característico de vivienda a público -turismo u otros-.
  • Intervención total: ¿Obra de edificación u ordinaria?

Os colexiados/as suscritos aos servicios de formación ou asesoramento, así como aqueles inscritos na xornada, poden acceder á gravación desta xornada na nova páxina de gravacións exclusivas para colexiados:

https://apps.coag.es/contenidos/videos

 

Presentación da MOSTRA NOVA ARQUITECTURA GALEGA

Presentación da MOSTRA NOVA ARQUITECTURA GALEGA

O vindeiro 4 de xullo, no marco do Festival de Arquitectura Urbana TAC! en Vigo, terá lugar a presentación da MOSTRA NOVA ARQUITECTURA GALEGA, que reúne unha escolma de 30 novos estudos galegos, co obxectivo dar visibilidade a unha xeración excepcional de arquitectos que serán referentes nos próximos anos. read more…

Peche da Delegación de Ferrol o venres 28 de xuño

Peche da Delegación de Ferrol o venres 28 de xuño

Infórmase que, debido a causas de organización interna, as oficinas da Delegación en Ferrol permanecerán pechadas o vindeiro venres 28 de xuño. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poidan causar.

Conferencia TRESPÉS “Navegar é preciso” – Ciclo Próximos 2024

Conferencia TRESPÉS “Navegar é preciso” – Ciclo Próximos 2024

Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar que o xoves 4 de xullo terá lugar a terceira conferencia do ciclo Próximos 2024, a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve. read more…

II Xornadas de Acupuntura Urbana. TAC!

II Xornadas de Acupuntura Urbana. TAC!

O vindeiro sábado 6 de xullo organizaranse as II Xornadas de Acupuntura Urbana no marco do festival TAC e do programa municipal de Vigo Cidade de Cor. Entre as actividades do festival  ás 11:00 h terá lugar unha conferencia na sala do COAG - Vigo que afondará na...