Conferencia TRESPÉS “Navegar é preciso” – Ciclo Próximos 2024

26 xuñ 2024

Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar que o xoves 4 de xullo terá lugar a terceira conferencia do ciclo Próximos 2024, a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.

Este terceiro relatorio terá como protagonista ao estudo TRESPÉS, que nos explicarán os distintos tipos de traballos que realizan, e compartirán con nós algúns dos seus proxectos realizados.

PONENTE

TRESPÉS é un estudo fundado no ano 2005 por Alberte Pérez, Enrique Iglesias e Carlos Mosquera. Entenden a profesión de forma transversal, dende o estrito oficio de arquitecto até o activismo cultural, pasando pola divulgación e a investigación. A finais de 2020 Carlos Mosquera abandona o estudio.

A súa obra foi publicada, exposta e premiada en numerosas ocasións: Finalistas do premio Enor en múltiples edicións; Premio Aplus de Arquitectura na categoría de Arquitecturas efémeras no ano 2012; Finalistas dos XV Premios COAG de Arquitectura no ano 2013, 2016 e 2019; Premio Gran de Area nos anos 2016 e 2021; Seleccionados para a Bienal de Venecia 2016; Finalistas I Premios LLedó no 2018; e 1º Premio Pino de Galicia – CESUGA na categoría de Rehabilitación no ano 2023.

 

INSCRICIÓN

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:
Xoves 4 de xullo de 2024

HORARIO:
19:30 a 21:00 horas

LUGAR:
Salón de actos do Museo do Pobo Galego.
Costa de San Domingos s/n. Santiago de Compostela

PATROCINADORES:

Agradecemos o apoio e compromiso mostrado por cada unha das empresas que colaboran con este proxecto:

Compartir