O vindeiro sábado 6 de xullo organizaranse as II Xornadas de Acupuntura Urbana no marco do festival TAC e do programa municipal de Vigo Cidade de Cor.
Entre as actividades do festival ás 11:00 h terá lugar unha conferencia na sala do COAG – Vigo que afondará na traxectoria e obra de dous artistas que profundizan na relación da arte co espazo público.
Interveñen:
- Víctor Playincolors, artista multidisciplinar.
- Manuel Bouzas, arquitecto
- Modera: Maro Morelas, Proxecto Ewa
- Presenta: Manuel M Carazo Presidente de Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia COAG
Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos. Rúa Doctor Cadaval, 5
A entrada é libre ate completar aforo, sendo imprescindible a inscrición a través da seguinte LIGAZÓN
Convidámosvos a acudir, e participar.
Saúdos
Xunta Directiva de la Delegación de Vigo