Arquivo para diciembre, 2020

Licitación dos documentos técnicos e a tramitación urbanística e ambiental das seguintes fases do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)

Posted by / 30 diciembre 2020 / Categories: Activa, Concursos, Noticias / -

A Xunta licitou hoxe por 7,6 millóns de euros os documentos técnicos e a tramitación urbanística e ambiental que permitirán iniciar as seguintes fase do novo hospital público da Coruña, Novo CHUAC, en 24 meses. Continuar lendo →

Novidades nos servizos da cota de colexiación para o ano 2021

Posted by / 30 diciembre 2020 / Categories: Activa, Circulares, coag / -

Infórmase das novidades producidas en varios servizos para a configuración da cota de colexiación para o ano 2021, que está aberta ate o 24 de xaneiro.

Formación

  • Novo servizo só para subscritos: acceso exclusivo e gratuito ás novas xornadas formativas online COAG 2021 (~ 2 horas | directo + grabacións) [mínimo 5 xornadas/ano].
  • Incremento do desconto adicional sobre o prezo da matrícula de colexiados (25%).
  • Prioridade na inscrición nos cursos. Prazo de matrícula anticipado e preferente.
    [+ información]

Resumo de prensa
Ademáis de acceso a consulta web:

Asesoramento Xurídico

[→ configuración no Panel de Servizos]

Continuar lendo →

Últimos días para a inscrición nas listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2021

Posted by / 30 diciembre 2020 / Categories: Circulares, coag, Peritos / -

As solicitudes de inscrición en calquera das listas deberán realizarse ata as 23:59 horas do día 11 de xaneiro de 2021 exclusivamente a través do enlace indicado do portal corporativo colexial. Non obstante, o remate do prazo para anotarse nas listas da ATRIGA dependerá de cando se publique a resolución de dito organismo realizando a convocatoria para solicitar os listados. Está previsto que a mesma se publique a mediados de xaneiro de 2021. Continuar lendo →

Convocada la 5ª edición del Premio Europeo de Intervención en el Patrimonio Arquitectónico

Posted by / 30 diciembre 2020 / Categories: Premios / -

Este certamen bienal, organizado con el soporte del Colegio Oficial de Arquitectos de Cataluña y la Agrupación de Arquitectos para la Defensa y la Intervención en el Patrimonio Arquitectónico, tiene como objetivo distinguir la buena práctica patrimonial y contribuir a su divulgación. Continuar lendo →

Consulta previa sobre a Lei de Arquitectura de Galicia

Posted by / 23 diciembre 2020 / Categories: Activa, Campañas COAG, coag, COAGactua, Publicada en Portada / -

Como xa se informou recentemente, o Consello da Xunta de Galicia aprobou a consulta pública previa sobre o anteproxecto de Lei de Arquitectura de Galicia.

Cremos que é un documento moi importante e no que os Arquitectos temos moito que dicir e posiblemente debamos liderar o debate público.

Nese sentido o Colexio xa organizou un grupo de traballo para presentar as oportunas achegas e tentar que o documento sexa o mellor, o máis completo e ambicioso posible. Continuar lendo →

Aprobación do Plan de compliance en materia de competencia

Posted by / 22 diciembre 2020 / Categories: coag, Noticias, Publicada en Portada / -

A Xunta de Goberno na súa sesión 14/2020 de 26 de novembro, adoptou o acordo de aprobar o programa de cumprimento en materia de competencia encargado a Megamail Consultores en cumprimento da Resolución da Comisión Galega da Competencia aprobando a terminación convencional do expediente S5/2016. Para máis información, consultar o seguinte ENLACE

Continuar lendo →

Apertura do prazo para a configuración da colexiación 2021

Posted by / 22 diciembre 2020 / Categories: Axenda, Circulares, coag, Noticias / -

Infórmase que, segundo se indica na Circular 30 2020, está aberto o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2021, que rematará o 24 de xaneiro.

Pode atoparse máis información no seguinte ENLACE. Continuar lendo →

Película cinematográfica «La ciudad de las rías», de Andrés Fernández Albalat

Posted by / 21 diciembre 2020 / Categories: Noticias / -

La V edición del Sellier Film Festival se clausurará el próximo lunes 28 de diciembre con la versión restaurada e íntegra de «La ciudad de las rías» de Andrés Fernández-Albalat. Continuar lendo →

Oferta de traballo para a redacción dun proxecto de demolición e dirección técnica no Concello de Nigrán

Posted by / 21 diciembre 2020 / Categories: Emprego / -

O Concello de Nigrán solicita ao Colexio de Arquitectos de Galicia a colaboración na designación, mediante sorteo, dun colexiado/a interesado na redacción de proxecto e a dirección técnica da demolición dunha edificación sen licenza emprazada no referido termo municipal, en execución do disposto por sentencia xudicial. Continuar lendo →

Dispoñible o número 11 do boletín de #NovasDeArquitectas

Posted by / 19 diciembre 2020 / Categories: Activa, Hai Mulleres | Hai Arquitectas / -

Está dispoñible o número 11, correspondente ao mes de novembro, do boletín de #NovasDeArquitectas. Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube