Dende o Área Técnica do Colexio de Arquitectos actualizouse o listado de normativa de obrigado cumprimento a maio de 2014, o que debe incorporarse, coma anexo, aos proxectos técnicos. Pode atoparse no «Catálogo de Normativa Técnica Actualizada» da páxina web colexial no seguinte ENLACE.
Arquivo para junio, 2014
O ministerio de Fomento acaba de publicar a actualización do Documento de Apoio ao DB-SI para a Xustificación da posta en obra de produtos de construción en canto ás súas características de comportamento ante o lume. Para descargar o documento actualizado pulsa no seguinte ENLACE.
As Delegacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo convocan os Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS, PROMOTORES, CONSTRUCTORES E APARELLADORES pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade. Continuar lendo →
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Enerxía, publicou unha nova versión do Procedemento simplificado CE3X para a cualificación da eficiencia enerxética de edificios existentes.
Yago Lenguas+Yago López
O edificio responde a unha iniciativa pioneira da Xunta de Galicia para combinar usos residenciais e asistenciais nun único complexo: un Centro de Día con xardín na planta baixa e 32 vivendas en réxime de aluguer para mozos e maiores. Continuar lendo →
Griselda Hernández Nores
«Queremos que nos fagas a nosa casa»
E tras oír estas palabras máxicas, mans á obra.
Datos de partida: primeira vivenda, parella nova con dous nenos pequenos, el traballa fóra de casa todo o día, ela é profesora e polas tardes traballa na casa preparando as clases do día seguinte. Continuar lendo →
Compartimos a información recibida dende a plataforma Arquitectura Verde, proxecto impulsado polo Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España. Continuar lendo →
A Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña organiza este curso dirixido a alumnos matriculados no PFC e arquitectos recién titulados. O curso se desenvolve en colaboración coa empresa Extend, esta empresa ven desenvolvendo desde 2002 proxectos de consultoría de RR.HH., sistemas de xestión por competencias, auditoría de RR.HH., sistemas de compensación e retribución, así como procesos de selección, formación e coaching. Continuar lendo →
Coordinado por Iago Seara Morales e Rafael Vallejo e organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, este seminario abordará a problemática destes conxuntos históricos, a súa protección e conservación patrimonial, con especial atención ás vilas de Cambados, Rinlo, Muros e Combarro.
Por medio desta acción formativa presencial preténdese achegar as ferramentas e coñecementos necesarios para a posta en marcha dunha empresa, nos seus diversos modelos e formas dentro do sector da arquitectura.
– Tipo actividade: Formación presencial
– Datas: 24/06/2014 – 27/06/2014
– Lugar: Vigo – Edificio Cambón. Rúa Palma 4
Comentarios recientes