Actuacións do Colexio

15-11-2022
Sentenza do TSXG que estima o recurso do COAG e anula Instrución do Concello da Coruña
11-10-2022
O COAG realiza unha solicitude urxente de prorroga do prazo de presentación de propostas no Concurso de proxectos para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense.
07-10-2022
O COAG presenta recurso contencioso contra resolución do Tribunal Administrativo de Galicia de 19 de agosto de 2022 desestimatoria do recurso do COAG contra os Pregos da contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e Servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo.
23-09-2022
Gratuidade dos gastos do servizo de visado e rexistro dos traballos relacionados cos inmobles afectados polos incendios de xullo de 2022
19-08-2022
O Tribunal Administrativo de Galicia desestima o recurso do COAG contra os pregos da contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de atención a persoas dependentes (CRAPD 1) en Vigo.
10-08-2022
O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo (Pontevedra) incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONUE” (Nº Expte 45/2022) referencia do expte CPS-2022-0014.