O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo (Pontevedra) incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONUE” (Nº Expte 45/2022) referencia do expte CPS-2022-0014.