Gratuidade dos gastos do servizo de visado e rexistro dos traballos relacionados cos inmobles afectados polos incendios de xullo de 2022

23 Set 2022

Tal e como se anuncia na Circular 20 2022, a Xunta de Goberno en sesión 9/2022 de 8 de setembro, acordou establecer que o COAG asumirá os gastos de visado ou rexistro dos traballos relacionados coa rehabilitación/obra nova dos inmobles afectados polos incendios ocorridos en Galicia durante xullo de 2022.

As condicións para o acceso a este trámite excepcional son:

  • Poderán solicitalo tódolos arquitectos colexiados no COAG, así como as sociedades profesionais inscritas no rexistro do COAG, que tramiten traballos profesionais no COAG, quedando excluídos:
    • Os que se encontren en situación de suspensión na súa colexiación.
    • Os que non se atopen en plenitude dos seus dereitos como colexiados.
  • Acreditar que os traballos profesionais cumpren os seguintes requisitos:
    • Acreditar que o promotor é o titular actual do inmoble afectado, con anterioridade aos incendios.
    • Aportar xustificante de ter presentado e de que está en trámite a solicitude dalgunha das aXudas establecidas no DOG 29.07.2022.

En relación co devandito acordo, os colexiados que desexen solicitar acollerse ao mesmo, deberán indicalo previamente a presentar a documentación a visado ou rexistro, mediante unha consulta na plataforma de consultas colexial co asunto “INMOBLE AFECTADO POLOS INCENDIOS DE XULLO DE 2022na modalidade de VISADO.

Compartir