Actuacións do Colexio

22-05-2026
O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta recurso contencioso administrativo, en impugnación das bases específicas da convocatoria de EMVSA (Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. de A Coruña) para a contratación temporal e constitución dunha bolsa de emprego, para prover diversas prazas, entre elas 1 praza de “Arquitecto Superior ou Técnico”.
17-03-2026
Contestación do IGVS á consulta sobre o cambio de uso de locais a vivenda
09-03-2026
O Tribunal Supremo, mediante a sentenza Nº 263/2026, de 3 de marzo, da Sala de lo Contencioso -Administrativo, Sección Cuarta, estima o recurso de casación do COAG (REC. CASACIÓN 7642/2023) en relación coa impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación de “servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención A Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo.
27-02-2026
O COAG recorre en apelación a sentenza nº 00021/2026, de 5 de febreiro de 2026 do Xulgado Contencioso Administrativo nº 3 de A Coruña que desestima o recurso contencioso administrativo presentado polo COAG en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes.
26-02-2026
O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra, mediante sentenza 43/2026, de 23 de febreiro, de estimación parcial do recurso contencioso administrativo interposto polo COAG en impugnación dos pregos da licitación do Concello de Meaño para a contratación do servizo de redacción do proxecto de “execución dun acceso de mobilidade peonil, próximo ao bordo costeiro en sexiños”.
09-02-2026
O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta un recurso contencioso administrativo en impugnación dos pregos reguladores das condicións da licitación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A (SEAGA), para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción da sede central de SEAGA (Expediente PAH/013/2514/2023 (SAG-2025-0012), publicada no Perfil do Contratante o 19-12-2025).