Novas de

Curso de Infografía 3D con Sketchup e Artlantis

Curso orientado a estudantes de arquitectura, arquitectos, deseñadores, enxeñeiros e público en xeral interesados no modelado dixital do campo da arquitectura e o deseño. Continuar lendo →

Encontros Be to be. Empresas da Madeira_COAG Vigo

O Cluster da Madeira de Galicia, consciente da importancia que ten a cooperación entre todos os axentes que forman parte do sector da construción para realizar proxectos de calidade e competitivos, organiza unha serie de encontros personalizados entre arquitectos e empresas da madeira coa finalidade de dar a coñecer as últimas novidades no sector da madeira, así como as solucións técnicas que presenta este material en diferentes procesos construtivos. Continuar lendo →

Biennale Architettura 2014. La Biennale di Venezia. Pabellón Español

A Delegación a Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acollerá unha mostra cos proxectos seleccionados para o Pabellón Español na «14 Mostra Internazionales di Architettura della Biennale di Venezia». Continuar lendo →

Obradoiro: Constrúe a túa impresora 3D

Atinne presenta este Taller de Impresión 3D, no que se ofrece unha alternativa ás impresoras 3D comerciais. Trátase dun curso intensivo de 16 horas no que cada alumno se familiarizará cos principios da impresión 3D, o software e os materiais de impresión mentres aprende a montar a súa propia impresora 3D Prusa i3 de código aberto (open source). Ao final do curso, cada alumno levará á súa casa a súa impresora Prusa i3 montada, lista para imprimir e cos coñecementos necesarios para iniciarse no apaixonante mundo da impresión 3D. 

Continuar lendo →

Curso de deseño arquitectónico BIM con Archicad [nivel básico]

A partir do próximo 14 de Xullo de 2014 impartirase centro Atinne un novo Curso de Deseño arquitectónico BIM co software ArchiCAD de nivel básico. Continuar lendo →

Curso Informe de Avaliación de edificios. Ferrol, 9 de xullo de 2014

Dende a delegación de Ferrol do COAG convócase este curso co fin coñecer o marco normativo, os criterios, procedementos e responsabilidades que como arquitectos teremos na elaboración de Informes de Avaliación de Edificios, ademais de ofrecer unha visión práctica sobre a casuística e patoloxías propias nos edificios do Concello de Ferrol.

Continuar lendo →

Xornada técnica. Acondicionamiento e Aillamento Acústico. Lanas Minerais – ISOVER

A esixencia de calidade nas vivendas e a demanda dun maior confort acústico nos espazos habitables obrigan a revisar a actividade de todos os colectivos e axentes sociais implicados na edificación. En todo o mundo o nivel xeral de ruído é alarmantemente alto.
Só poderemos esperar un resultado óptimo se o illamento acústico planificámolo e integrado nas primeiras fases dun proxecto. No noso esforzo por controlar o ruído, cada detalle conta e é capaz de influír positivamente no nivel final de ruído. Unha boa planificación ha de ter en conta múltiples factores. Refrescaremos conceptos e falaremos de solucións e execución óptima no deseño acústico dos espazos.

Continuar lendo →

A arquitectura é para o verán. Obradoiro infantil.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na súa delegación de Vigo organiza en colaboración con Sistema Lupo estes talleres de arquitectura para nenos onde se pretende profundizar no labor divulgativo sobre a arquitectura entendida no seu amplo sentido transversal; arte, sociedade, patrimonio, historia, xeografía, participación… Continuar lendo →

Ferramentas prácticas para xestionar a miña carreira profesional

A Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña organiza este curso dirixido a alumnos matriculados no PFC e arquitectos recién titulados. O curso se desenvolve en colaboración coa empresa Extend, esta empresa ven desenvolvendo desde 2002 proxectos de consultoría de RR.HH., sistemas de xestión por competencias, auditoría de RR.HH., sistemas de compensación e retribución, así como procesos de selección, formación e coaching. Continuar lendo →

Cursos Técnicos Xullo 2014: ArchiCAD I, Rhinoceros I, ArcGIS II e GvSIG I

Imasgal: Cursos Técnicos de Verán (ArchiCAD I, Rhinoceros I, ArcGIS II e GvSIG I)

Organizados por Imasgal Técnica, Consultoría especializada en formación Técnica e impartido por profesionais experimentados no emprego destas ferramenta e a súa aplicación práctica en diferentes ámbitos profesionais.

Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram