Actuacións do Colexio

28-01-2021
O concello de Betanzos estima parcialmente as alegacións presentadas polo COAG á aprobación inicial da relación de postos de traballo (RPT) dese Concello
27-01-2021
O COAG presenta ante a Delegación Provincial de Costas de Pontevedra alegacións á solicitude de concesión para ocupación de bens de dominio público marítimo terrestre para “Vial de conexión entre a Avenida de Marín e a Rúa Rosalía de Castro”, no termo municipal de Pontevedra (nº de referencia: CNC02/20/36/0003).
25-01-2021
O COAG comparece e constitúese en parte no procedemento xudicial tramitado como Procedemento Ordinario 46/2020 no Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, iniciado por recurso contencioso administrativo interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños en impugnación da licitación do Concello de O Saviñao para contratar o servizo de asesoramento técnico urbanístico.
12-01-2021
O COAG interpón recurso de reposición en impuganción da licitación do Concello de Lugo para a contratación do Servizo de dirección facultativa das obras do Edificio de Benestar Social Aquilino Iglesia.
23-12-2020
Consulta previa sobre a Lei de Arquitectura de Galicia
14-12-2020
Escrito do COAG á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en relación á “Información pública de la declaración de la necesidad de ocupación”. “Proyecto Constructivo para la supresión de los Pasos a Nivel de los PP.KK. 428/980 y 429/811 de la Línea León-A Coruña”