O COAG comparece e constitúese en parte no procedemento xudicial tramitado como Procedemento Ordinario 46/2020 no Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, iniciado por recurso contencioso administrativo interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños en impugnación da licitación do Concello de O Saviñao para contratar o servizo de asesoramento técnico urbanístico.

Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)