O COAG presenta ante a Delegación Provincial de Costas de Pontevedra alegacións á solicitude de concesión para ocupación de bens de dominio público marítimo terrestre para “Vial de conexión entre a Avenida de Marín e a Rúa Rosalía de Castro”, no termo municipal de Pontevedra (nº de referencia: CNC02/20/36/0003).

Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)