Actuacións do Colexio

10-12-2020
O Concello de Bande desestimou o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para contratar os servizos de arquitectura para a redacción do proxecto técnico de execución de rehabilitación integral da Reitoral de Santa Comba, Bande.
11-11-2020
O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Bande para a adxudicación do contrato de servizos de arquitectura para a “ Redacción do proxecto técnico de execución da rehabilitación da Reitoral de Santa Comba, Bande” (número de expediente 1040/2020)
15-09-2020
O COAG constitúese en parte, en defensa das competencias profesionais, nos autos tramitados no Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Vigo relativo ao Recurso contencioso-administrativo núm. 134/2020 interposto contra a inadmisión polo Concello de Vigo de IEES subscritos por enxeñeiros industriais. O COAG foi emprazado como interesado polo Concello de Vigo.
13-08-2020
O Concello de Narón desestima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para a adxudicación do Contrato de servizos de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación do Muíño de Xuvia
12-08-2020
Resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia en relación ao Recurso especial do COAG en impugnación da licitación do Concello de Sada para adxudicar “Asistencia técnica para a redacción do Plan Especial de Protección, Ordenación, Infraestruturas e Dotacións de Veigue”.
07-08-2020
O Coag traslada ao Concello de Lugo consulta en relación coa licitación do Servicio da dirección de obra, dirección de execución material e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras e “Actuaciones relacionadas con línea de actuación 6 del proyecto muramiñae”.