Categoría

Presentación do libro «El problema de la vivienda», de Javier Burón

Presentación do libro «El problema de la vivienda», de Javier Burón

Os vindeiros 9 e 10 de xullo, ás 19:00 h, Javier Burón presentará, nas Delegacións de Vigo e de Lugo do COAG, o seu libro “O problema da vivenda. Como desactivar a bomba de reloxaría que ameaza con colapsar España”.

Javier Burón, especialista en políticas e mercados inmobiliarios, analiza a suba imparable dos prezos, a turistificación, a gentrificación, os investidores globais e as actuacións públicas. Diagnostica o problema, que enfronta a varias xeracións, e explica as súas raíces e consecuencias, comparando modelos da Unión Europea e doutros países. «Por incrible que pareza, nas nosas cidades máis atractivas hai máis ricos pululando que ladrillos e solos á venda». Desa competición especulativa nace o colapso social cara ao que nos encamiñamos.

Este ensaio, o primeiro que se centra nas solucións concretas, a curto e longo prazo, aposta pola creación dun parque público de vivenda asequible e social, incidindo «na calidade máis que na cantidade», cun Estado que controle o mercado e non o desregule. Só así nos liberaremos da expulsión da cidadanía dos núcleos urbanos ata na última cidade de España.

A asistencia é gratuíta. Porén, por cuestións organizativas, é necesario inscribirse nos seguintes enlaces:

Peche da Delegación de Ferrol o venres 27 de xuño

Peche da Delegación de Ferrol o venres 27 de xuño

Infórmase que, debido a causas de organización interna, as oficinas da Delegación en Ferrol permanecerán pechadas o vindeiro venres 27 de xuño. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poidan causar.

Convocado o Concurso Internacional para a Iluminación Artística da contorna da Catedral de Santiago de Compostela

Convocado o Concurso Internacional para a Iluminación Artística da contorna da Catedral de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela acaba de convocar un Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística para a contorna monumental da Catedral. O concurso enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística de Santiago promovido polo Concello, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. O obxectivo é crear unha iluminación emocional, calmada, saudable e integrada, que reforce a experiencia nocturna sen alterar a excepcional identidade do espazo. read more…

Foros Grial. Impacto social da ciencia e da tecnoloxía

Foros Grial. Impacto social da ciencia e da tecnoloxía

Este xoves 26 de xuño, a partir das 16:00 h., terá lugar na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia unha das edicións do “Foro Grial. Galicia 2050”, co que se celebra o 75 Aniversario da Editorial Galaxia. Este foro é un escenario de “reflexión e debate” que ten por “obxectivo ofrecer prospeccións, ideas e propostas, adiantando tendencias de futuro nunha serie de ámbitos chave da sociedade e da cultura, situándoas en Galicia na data simbólica de 2050”. read more…

O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia en impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Igualdade para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras para as obras de reforma para a creación dun Centro de Dependentes con Discapacidade de Lugo

Os motivos do recurso foron os criterios de adxudicación xa que non respectan a esixencia legal de que o 51% do total da puntuación relativa aos criterios de adxudicación, nos contratos de servizos intelectuais, como son os servizos de arquitectura, debe corresponder a criterios de calidade.

Oferta de emprego

Oferta de emprego

Estudo de arquitectura KM ARQUITECTOS, con sede en Lugo selecciona arquitecto/a asalariado. Funcións: Redacción de proxectos, de memorias técnicas, desenrrolo urbanístico. Coñecementos: CYPE MED, THERM, CE3X, SKETCHUP, programas de renderizado fipo LUMION -  V-RAY....

O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia en impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Igualdade para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras para as obras de reforma para a creación dun Centro de Dependentes con Discapacidade de Lugo

Os motivos do recurso foron os criterios de adxudicación xa que non respectan a esixencia legal de que o 51% do total da puntuación relativa aos criterios de adxudicación, nos contratos de servizos intelectuais, como son os servizos de arquitectura, debe corresponder...