Categoría

Visita ás instalacións de Paudepedra

Visita ás instalacións de Paudepedra

No marco da colaboración de Paudepedra como entidade patrocinadora dos Premios PRÓXIMOS e do ciclo homónimo de conferencias, a Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza unha visita ás instalacións da empresa, que terá lugar o vindeiro 30 de setembro, no Polígono Industrial do Ceao, en Lugo. read more…

Xornada “A Pegada do SIAC”

Xornada “A Pegada do SIAC”

Hai 50 anos, en setembro de 1976, Santiago acollía o I Seminario Internacional de Arquitectura en Compostela.

Dirixido por Aldo Rossi, e impulsado por Cesar Portela e Salvador Tarragó, baixo o lema «Proxecto e cidade histórica», o SIAC reuniu na cidade a unha xeración de arquitectos que viña discutir como intervir nos centros históricos e qué forma debía tomar a cidade que se estaba a construír. Aquel encontro deixou marca: nos que participaron, na maneira de mirar Compostela e na cultura arquitectónica galega das décadas seguintes.  

Como acto final da exposición sobre Rafael Baltar, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca «A Pegada do SIAC», unha xornada de lembranza daquel Seminario que  supuxo tamén unha aposta pola modernidade, polo diálogo e por poñer en contacto a realidade galega co mundo internacional, nun momento histórico marcado pola ilusión da chegada de tempos novos. read more…

Xornadas “Oficio, arquitectura e territorio”. Os Casares (San Cristovo de Mouricios, Chantada – Lugo)

Xornadas “Oficio, arquitectura e territorio”. Os Casares (San Cristovo de Mouricios, Chantada – Lugo)

As xornadas Oficio, arquitectura e territorio buscan crear un espazo de encontro entre a arquitectura e os oficios ligados á construción, así como incidir na relación das culturas construtivas locais co carácter propio de cada paisaxe e de cada territorio: dende as texturas e as cores achegadas polos materiais e sistemas vernáculos ata a propia forma de configuralos para diversos usos por medio de estruturas e edificacións de todo tipo: muros, edificios, bancais, pontes, canles, etc.

read more…

Conferencia Nuno Melo Sousa – Ciclo Próximos 2026 – 25 de setembro

Conferencia Nuno Melo Sousa – Ciclo Próximos 2026 – 25 de setembro

Dende a Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia comprácenos anunciar o derradeiro relatorio do ciclo Próximos 2026, que celebra este ano a súa sexta edición. A última conferencia terá lugar o vindeiro venres 25 de setembro.

Este ciclo nace coa vontade de dar a coñecer traballos e traxectorias arquitectónicas próximas á nosa Delegación, xa sexa polo emprazamento das obras, pola localización dos estudos ou polo contexto cultural e profesional no que se desenvolven.

Para pechar esta edición, contaremos coa presenza do arquitecto Nuno Melo Sousa. Será unha oportunidade para coñecer de primeira man unha arquitectura que, dende unha práctica situada en Portugal, establece un diálogo atento co territorio, a materia e as condicións específicas de cada lugar. read more…
Xornada “A Pegada do SIAC”

Xornada “A Pegada do SIAC”

Hai 50 anos, en setembro de 1976, Santiago acollía o I Seminario Internacional de Arquitectura en Compostela. Dirixido por Aldo Rossi, e impulsado por Cesar Portela e Salvador Tarragó, baixo o lema «Proxecto e cidade histórica», o SIAC reuniu na cidade a unha xeración...