Categoría
Inauguración da exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996” en A Coruña
O luns día 23 de xullo ás 13:30, tivo lugar a inauguración no Cantón Grande da cidade de A Coruña, da exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996” que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Oferta de emprego: estudio de arquitectura en Culleredo [OFERTA PECHADA]
Estudo de arquitectura de Culleredo seleccionado arquitecto con coñecementos de Archicad para o desenvolvemento de proxecto básico e de execución de edificación. read more…
Curso | Novo procedemento administrativo e contratación pública no ámbito do urbanismo
O obxectivo deste curso é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa que regula os procedementos e a contratación nas Administracións Públicas. read more…
Curso | Renovación urbana e rexeneración urbanística
Este curso ten como obxectivo que os alumnos adquiran unha nova visión do xeito en que xestionamos o territorio, completando as ferramentas tradicionais de planificación urbanística con novos procesos que garantan a participación do cidadán na diagnose e transformación do ecosistema urbano.
Abordarase a renovación urbana na escala das cidades e vilas galegas, tratando de articular unha reflexión urbanística que, máis aló da realidade estritamente construída nestes núcleos urbanos, priorice a perspectiva socio-ecosistémica na estratexia de lectura e xestión da paisaxe urbana na que desenvolven a súa vida cotiá os cidadáns. read more…
Procedemento a aplicar pola Secretaría colexial cando se teña coñecemento da existencia de sociedades profesionais de arquitectura sen inscribir no Rexistro de Sociedades Profesionais do COAG.
Infórmase de que a Xunta de Goberno, na súa sesión 8/2018 de 5 de xullo, adoptou o acordo de aprobar o procedemento interno proposto pola Secretaría colexial, a aplicar cando se teña coñecemento da existencia de sociedades profesionais que teñan como obxecto social, ou entre os seus obxectos sociais, o exercicio da profesión de arquitectura, que non figuren inscritas no Rexistro de Sociedades Profesionais do COAG. Para mais información, circular 15/2018
Concello de Moaña: contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS)
Infórmase da publicación o pasado 6 de xullo na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, da convocatoria polo Concello de Moaña da contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS)
Atención presencial na delegación de Ourense do 16 de xullo ao 3 de agosto
Infórmase que, por mor das vacacións do persoal, do 16 de xullo ao 3 de agosto, non haberá atención por arquitecto de visado de modo presencial na delegación. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.
O pasado 9 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse un recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.
O Colexio entende que a non división en lotes do obxecto do contrato non está debidamente xustificada polo concello, entendendo, polo tanto, que se infrinxe o art. 99 da Lei 9/2017 e consecuentemente os artigos reguladores da solvencia (art. 87.1 a) así como o prinpio de liberdade de acceso ás licitacións públicas (art. 1 Lei 9/2017).
ENLACE AO TEXTO DO RECURSO
Reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado “técnico de urbanismo”.
O pasado 6 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse unha reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado “técnico de urbanismo”, en exercicio da súa función de defensa dos intereses xenerais da profesión
O Colexio estima que os Arquitectos son os técnicos que poden realizar a totalidade das funcións asignadas ao posto sen limitación. Desde este punto de vista, tratándose dunha praza cualificada como de Administración Especial Subescala Técnica, a configuración do posto, no relativo ás funcións asignadas en relación coas titulacións que a RPT contempla como de acceso ao posto, vulnera os artigos 170.1 e 171 Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril (Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local), infrinxe a normativa reguladoras das competencias profesionais, así como os principios de mérito e capacidade do artigo 103.3 da Constitución Española no acceso á función pública, e artigos 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e os 24.1 e 49 b) da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia.
ENLACE AO TEXTO DA RECLAMACIÓN
Oferta de emprego [OFERTA PECHADA]
Estudo de arquitectura en A Coruña, selecciona arquitecto recentemente licenciado ou estudante de último curso ou PFC para traballar como arquitecto en formación. read more…
Inauguración da exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996” en A Coruña
O luns día 23 de xullo ás 13:30, tivo lugar a inauguración no Cantón Grande da cidade de A Coruña, da exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996” que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Téntase dar a coñecer a figura de Alejandro de la Sota Martinez á...
Oferta de emprego: estudio de arquitectura en Culleredo [OFERTA PECHADA]
Estudo de arquitectura de Culleredo seleccionado arquitecto con coñecementos de Archicad para o desenvolvemento de proxecto básico e de execución de edificación. O estudo de arquitectura "Portela Varela Puente arquitectos, SLP" de Culleredo seleccionado arquitecto con...
Curso | Novo procedemento administrativo e contratación pública no ámbito do urbanismo
O obxectivo deste curso é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa que regula os procedementos e a contratación nas Administracións Públicas. Os contidos do curso articúlanse en dous bloques: Bloque 1: Procedemento...
Curso | Renovación urbana e rexeneración urbanística
Este curso ten como obxectivo que os alumnos adquiran unha nova visión do xeito en que xestionamos o territorio, completando as ferramentas tradicionais de planificación urbanística con novos procesos que garantan a participación do cidadán na diagnose e...
Procedemento a aplicar pola Secretaría colexial cando se teña coñecemento da existencia de sociedades profesionais de arquitectura sen inscribir no Rexistro de Sociedades Profesionais do COAG.
Infórmase de que a Xunta de Goberno, na súa sesión 8/2018 de 5 de xullo, adoptou o acordo de aprobar o procedemento interno proposto pola Secretaría colexial, a aplicar cando se teña coñecemento da existencia de sociedades profesionais que teñan como obxecto social,...
Concello de Moaña: contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS)
Infórmase da publicación o pasado 6 de xullo na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, da convocatoria polo Concello de Moaña da contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS) Datos da presentación de ofertas Lugar: Rexistro...
Atención presencial na delegación de Ourense do 16 de xullo ao 3 de agosto
Infórmase que, por mor das vacacións do persoal, do 16 de xullo ao 3 de agosto, non haberá atención por arquitecto de visado de modo presencial na delegación. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.
O pasado 9 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse un recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de...
Reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado “técnico de urbanismo”.
O pasado 6 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse unha reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado "técnico de...
Oferta de emprego [OFERTA PECHADA]
Estudo de arquitectura en A Coruña, selecciona arquitecto recentemente licenciado ou estudante de último curso ou PFC para traballar como arquitecto en formación. Requírese: ser menor de 30 anos e valorarase ter coñecementos de 3D e renderizado, bon dominio de...