Categoría
Apúntante: O talento feminino galego, sempre presente
Desde a Xunta de Galicia pedimos a túa colaboración nunha iniciativa destinada a dar maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia.
Todos os días celébranse na nosa comunidade mesas redondas, xornadas técnicas, foros especializados ou fanse entrevistas en medios de comunicación. Para seguir dando pasos adiante en materia de igualdade, precisamos que a voz e a experiencia das mulleres estea máis presente. read more…
Fallo 1ª fase – Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)
Publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, con data 2 de febreiro, a Finalización da Fase 1 e inicio da Fase 2 do concurso de proxectos. read more…
Microcredencial de Diseño de Edificación Industrializada con Madera UDC
La construcción con madera ha experimentado fuertes cambios en los últimos años. La introducción de nuevos sistemas constructivos como los llamados sistemas mass -timber, la generalización de procesos industrializados, y la hibridación de componentes hacen que la construcción con madera de hoy, sea muy diferente a la de los últimos años. Estos cambios, han despertado gran interés en el sector de la construcción porque han permitido que la madera pase de ser un material de utilización minoritaria en ciudades y destinado a edificaciones de baja altura, a ser un material, que, combinándolo adecuadamente con el acero y hormigón, mejore la sostenibilidad e industrialización de los edificios que necesitamos en el presente y futuro. read more…
Xornada informativa sobre licenzas, disciplina urbanística e IAE
O mércores 11 de febreiro, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre Licenzas, Disciplina Urbanística e IAE.
Esta xornada é posible grazas á colaboración da Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña, a través do seu titular, Francisco Dinís Díaz Gallego, así como grazas á colaboración dos seguintes relatores, que participarán na mesma:
- Ana Debén Rodríguez, Xefa da Oficina técnica de Licenzas e Disciplina Urbanística.
- Alberto Vázquez Aguilar, Xefe de Servizo de Rehabilitación e Vivienda.
- Beatriz Moar Ulloa, Xefa de sección de Disciplina Urbanística.
- Jose Botana Penas, Xefe da Oficina técnica de Rehabilitación.
- Yolanda Teixido Infante, Xefa do Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística.
Conscientes da complexidade, tanto normativa, como técnica e/ou burocrática, á que se enfrontan os arquitectos/as nos seus encargos, esta xornada quere dar un paso máis nun diálogo construtivo que poida servir para poñer as distintas dúbidas e dificultades enriba da mesa, debatilas e/ou respondelas en común, e axudar a abrir vías de resolución dos problemas, en aras de facilitar o traballo dos colexiados/as.
Como documentación complementaria á xornada, facilítase aquí novamente o enlace ao vídeo da anterior Xornada do IAE, que se celebrou o 18 de setembro de 2023, e que está dispoñible coa correspondente clave de usuario/a do COAG: https://www.coag.es/profesion/xestionscolexiais/videos/acceso.aspx?Id_video=6
Facilítase tamén o enlace no que os arquitectos/as poderán pedir cita previa para atender de forma presencial, nos servizos de urbanismo do Concello da Coruña, consultas sobre os informes técnicos emitidos dos seus proxectos: https://www.coruna.gal/urbanismo/es/cita-previa/pida-aqui-su-cita-presencial
E, igualmente, facilítase de novo o enlace á documentación asociada, documento tipo checklist, que a Directora de Urbanismo do Concello da Coruña, Gloria de la Montaña Alcántara-García, puxo a disposición dos asistentes, na anterior Xornada sobre licenzas do día 6 de novembro de 2024, para exemplificar os aspectos que se revisan de forma sistemática nos proxectos que se entregan no Concello da Coruña co obxectivo de conseguir licenza:
https://mcusercontent.com/f6543151695f7371f2c24b69f/files/710de31d-ac66-44a4-be06-7a3fc00e03ee/modelo_peticion_documentaci_oacute_n_y_subsanaci_oacute_n_proyecto_2_.pdf
Esta terceira xornada de apoio á actividade profesional dos arquitectos/as, a primeira delas fora relativa ao IAE e a segunda relativa a licenzas, abre tamén a posibilidade de enviar consultas, antes da celebración da mesma, utilizando o seguinte formulario: https://forms.gle/3Y4BfqvMY6zFBRZy8
DATA
Mércores 11 de febreiro de 2026 – 17:00-20:30 horas
LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
ORGANIZA
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña
Exposición INTERNALITIES Arquitectura para un equilibrio territorial. Pabellón español, Bienal de Arquitectura de Venecia 2025
O vindeiro venres, 6 de febreiro ás 12.00 h no Centro Galego de Arte Contemporánea (rúa Ramón de Valle Inclán, 2) en Santiago de Compostela, terá lugar a inauguración desta exposición, dando comezo a un programa público de conferencias, detallado no documento adxunto, que se prolongará ao longo daa xornada do 7 de febreiro. read more…
Xornada sobre as modificacións da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Análise das repercusións nos concellos galegos
O Concello de Mondariz Balneario, en colaboración coa UNED, organiza unha xornada informativa e de debate sobre as recentes modificacións da Lei 5/2025 de Patrimonio Cultural de Galicia. O vindeiro 5 de febreiro, desde as 16:45 h ata as 20:00 h, desenvolveranse conferencias e mesas de debate con especialistas en historia, arqueoloxía, arquitectura e representantes do Parlamento de Galicia. Un espazo para reflexionar sobre o impacto nos concellos galegos e responder ás preguntas do público. read more…
ÍSCAR SOFTWARE_Renovación oferta de programas para o COAG
ÍSCAR SOFTWARE e o COAG renovan o seu acordo de colaboración que establece condicións exclusivas na adquisición de programas profesionais para colexiados:
- GstarCAD (50% de descuento para COAG)
Podes abrir e modificar os teus arquivos DWG de proxectos anteriores, coas túas mesmas plumillas, bloques e comandos de sempre.
Bótalle unha ollada a este vídeo de 2 minutos onde se explica: enlace video
Os prezos varían en función do tipo de licenza adquirida:
Incluido o soporte técnico durante 1 ano. Prezos sen IVA.
- SketchUp (10% de desconto para COAG)
SketchUp é unha ferramenta intuitiva para modelado 3D, ideal para arquitectura, deseño de interiores e paisaxismo. Permite crear, documentar e comunicar ideas de forma eficiente.
Máis información: https://iscarnet.com/sketchup/
Vídeo Qué é SketchUp: https://youtu.be/7oiTZzqRkfQ?si=xfQTG8eO1fOjfvZp
- V-Ray para SketchUp (10% de desconto para COAG)
V-Ray é un motor de renderizado que se integra con SketchUp, permitindo xerar imaxes fotorrealistas de alta calidade. É ideal para visualizar proxectos con realismo e precisión.
Máis información: https://iscarnet.com/vray-para-sketchup/
Vídeo Qué é V-Ray: https://youtu.be/wqIrS5gqbZU?si=K6fU-n5yPcdEKT0R
- Enscape (10% de desconto para COAG)
Enscape ofrece renderizado en tempo real e realidade virtual, completamente integrado coas túas ferramentas de deseño. É fácil de usar e permite visualizar proxectos de forma rápida e realista.
Máis información: https://iscarnet.com/enscape/
Vídeo Qué é Enscape: https://www.youtube.com/watch?v=TTMjFdnF7G4
- Twinmotion Cloud + Soporte (10% de descuento para COAG)
Twinmotion é unha solución de visualización 3D e realidade virtual desenvolvida por Epic Games, que permite crear presentacións interactivas e renders fotorrealistas en tempo real. É ideal para arquitectura, urbanismo e paisaxismo.
Máis información: https://iscarnet.com/twinmotion/
Qué é Twinmotion: https://youtu.be/343qUScsl_c?si=ibxHuSsz91F3TqDc
Para adquirir calquera software ofertado, podes contactar con David Martínez, de Íscar Software, no seu número 656 554 850 ou se prefires podes mandarlle un correo a david@iscarnet.com
Tes ata o 30 de xuño de 2026 para formular a túa solicitude. Oferta suxeita a termos e condicións.
Ampliado o prazo da exposición “Arquitecturas en curso. Modernidade na ETSAC”
Ampliada ate o 23 de marzo a exposición: ARQUITECTURAS EN CURSO. MODERNIDADE NA ETSAC que se atopa na Delegación da Coruña. Na mostra poderanse ver traballos do estudantado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (ETSAC) realizados no contexto do XIII Congreso Docomomo Ibérico, que se celebrou na Coruña do 22 ao 25 de outubro de 2025.
O Concello de Ourense e o COAG asinan un convenio de colaboración para axilizaren as licenzas urbanísticas
A solución de interoperabilidade contribúe a simplificar e a axilizar a tramitación municipal: o administrado ou o seu representante só deberá consignar na súa solicitude o código de expediente do COAG, que lle facilitará o seu arquitecto. A partir dese dato, a aplicación de xestión municipal poderá verificar a validez do código, descargar a documentación técnica e asociala ao trámite correspondente. Desta maneira evítanse as dificultades habituais no rexistro de entrada, derivadas da natureza da documentación de proxectos (tamaño de arquivos, número de documentos, firmas electrónicas). read more…
Últimos días para matricularse na Escola de Opositores COAG
Lembrámosvos que o domingo 15 de febreiro ás 23:59 (ou ata agotarse as prazas dispoñibles) remata o prazo de matrícula para a primeira edición da Escola de Opositores do COAG.
! ÚLTIMOS DÍAS !
O proxecto da Escola de Opositores COAG nace cun dobre propósito que cobra especial importancia no contexto actual:
-
Apoiar aos colexiadas que queren incorporarse á función pública, tanto na Administración local como na autonómica.
-
Apoiar ás Administracións para que poidan finalizar con éxito os procesos de contratación de persoal, contando con profesionais coa formación e perfil óptimos para as funcións que van desempeñar.
Trátase dunha iniciativa exclusiva para arquitectos colexiados no COAG, orientada a proporcionar os coñecementos necesarios para afrontar con garantías os distintos procesos selectivos. Para iso, contamos cun grupo de profesorado experto en cada unha das materias e con ampla experiencia en procesos selectivos nas Administracións Públicas Galegas, e coa colaboración da Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia.
En canto á operativa, utilizaremos un formato mixto, que combinará o formato en liña co formato presencial. Contaremos con dous grupos de 25 alumnos (un dos grupos terá as sesións presenciais na Delegación de Vigo, e o outro na Delegación de A Coruña)
O acceso ás prazas terá lugar por rigorosa orde de inscrición, ata esgotarse as 25 prazas dispoñibles en cada unha das dúas edicións (A Coruña / Vigo). Podedes matricularvos e consultar a información completa nas seguintes ligazóns:
[Programa e información completa]
Máis información e consultas
Deixamosvos a grabación do webinar introdutorio que tivo lugar o pasado 21 de xaneiro na que se explicou o plantexamento xeral e a operativa da escola e se atenderon ás dúbidas plantexadas polos asistentes.
Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nos a través dos siguintes medios:
- Colexiados, a través do panel de servizos do COAG, sección de Formación, na siguinte [+ ligazón]
- Non colexiados, a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Advertencia:
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Apúntante: O talento feminino galego, sempre presente
Desde a Xunta de Galicia pedimos a túa colaboración nunha iniciativa destinada a dar maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia. Todos os días celébranse na nosa comunidade mesas redondas, xornadas técnicas, foros especializados ou fanse entrevistas en...
Fallo 1ª fase – Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)
Publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, con data 2 de febreiro, a Finalización da Fase 1 e inicio da Fase 2 do concurso de proxectos. Expediente: 3564/2025 Obxecto: Concurso de Proxectos en dúas fases “Parque Deportivo inclusivo Porto do Molle” con...
Microcredencial de Diseño de Edificación Industrializada con Madera UDC
La construcción con madera ha experimentado fuertes cambios en los últimos años. La introducción de nuevos sistemas constructivos como los llamados sistemas mass -timber, la generalización de procesos industrializados, y la hibridación de componentes hacen que la...
Xornada informativa sobre licenzas, disciplina urbanística e IAE
O mércores 11 de febreiro, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre Licenzas, Disciplina Urbanística e IAE. Esta xornada é posible grazas á colaboración da Concellería de Urbanismo,...
Exposición INTERNALITIES Arquitectura para un equilibrio territorial. Pabellón español, Bienal de Arquitectura de Venecia 2025
O vindeiro venres, 6 de febreiro ás 12.00 h no Centro Galego de Arte Contemporánea (rúa Ramón de Valle Inclán, 2) en Santiago de Compostela, terá lugar a inauguración desta exposición, dando comezo a un programa público de conferencias, detallado no documento adxunto,...
Xornada sobre as modificacións da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Análise das repercusións nos concellos galegos
O Concello de Mondariz Balneario, en colaboración coa UNED, organiza unha xornada informativa e de debate sobre as recentes modificacións da Lei 5/2025 de Patrimonio Cultural de Galicia. O vindeiro 5 de febreiro, desde as 16:45 h ata as 20:00 h, desenvolveranse...
ÍSCAR SOFTWARE_Renovación oferta de programas para o COAG
ÍSCAR SOFTWARE e o COAG renovan o seu acordo de colaboración que establece condicións exclusivas na adquisición de programas profesionais para colexiados: GstarCAD (50% de descuento para COAG) Podes abrir e modificar os teus arquivos DWG de proxectos anteriores, coas...
Ampliado o prazo da exposición “Arquitecturas en curso. Modernidade na ETSAC”
Ampliada ate o 23 de marzo a exposición: ARQUITECTURAS EN CURSO. MODERNIDADE NA ETSAC que se atopa na Delegación da Coruña. Na mostra poderanse ver traballos do estudantado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (ETSAC) realizados no...
O Concello de Ourense e o COAG asinan un convenio de colaboración para axilizaren as licenzas urbanísticas
A solución de interoperabilidade contribúe a simplificar e a axilizar a tramitación municipal: o administrado ou o seu representante só deberá consignar na súa solicitude o código de expediente do COAG, que lle facilitará o seu arquitecto. A partir dese dato, a...
Últimos días para matricularse na Escola de Opositores COAG
Lembrámosvos que o domingo 15 de febreiro ás 23:59 (ou ata agotarse as prazas dispoñibles) remata o prazo de matrícula para a primeira edición da Escola de Opositores do COAG. ! ÚLTIMOS DÍAS ! O proxecto da Escola de Opositores COAG nace cun dobre propósito que cobra...