Xornada informativa sobre licenzas, disciplina urbanística e IAE

2 Feb 2026

O mércores 11 de febreiro, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre Licenzas, Disciplina Urbanística e IAE.

Esta xornada é posible grazas á colaboración da Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña, a través do seu titular, Francisco Dinís Díaz Gallego, así como grazas á colaboración dos seguintes relatores, que participarán na mesma:

  • Ana Debén Rodríguez, Xefa da Oficina técnica de Licenzas e Disciplina Urbanística.
  • Alberto Aguilar Vázquez, Xefe de Servizo de Rehabilitación e Vivienda.
  • Beatriz Moar Ulloa, Xefa de sección de Disciplina Urbanística.
  • Jose Botana Penas, Xefe da Oficina técnica de Rehabilitación.
  • Yolanda Teixido Infante, Xefa do Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística.

Conscientes da complexidade, tanto normativa, como técnica e/ou burocrática, á que se enfrontan os arquitectos/as nos seus encargos, esta xornada quere dar un paso máis nun diálogo construtivo que poida servir para poñer as distintas dúbidas e dificultades enriba da mesa, debatilas e/ou respondelas en común, e axudar a abrir vías de resolución dos problemas, en aras de facilitar o traballo dos colexiados/as.

Como documentación complementaria á xornada, facilítase aquí novamente o enlace ao vídeo da anterior Xornada do IAE, que se celebrou o 18 de setembro de 2023, e que está dispoñible coa correspondente clave de usuario/a do COAG: https://www.coag.es/profesion/xestionscolexiais/videos/acceso.aspx? Id_video=6

Facilítase tamén o enlace no que os arquitectos/as poderán pedir cita previa para atender de forma presencial, nos servizos de urbanismo do Concello da Coruña, consultas sobre os informes técnicos emitidos dos seus proxectos: https://www.coruna.gal/urbanismo/es/cita-previa/pida-aqui-su-cita-presencial

E, igualmente, facilítase de novo o enlace á documentación asociada, documento tipo checklist, que a Directora de Urbanismo do Concello da Coruña, Gloria de la Montaña Alcántara-García, puxo a disposición dos asistentes, na anterior Xornada sobre licenzas do día 6 de novembro de 2024, para exemplificar os aspectos que se revisan de forma sistemática nos proxectos que se entregan no Concello da Coruña co obxectivo de conseguir licenza:
https://mcusercontent.com/f6543151695f7371f2c24b69f/files/710de31d-ac66-44a4-be06-7a3fc00e03ee/modelo_peticion_documentaci_oacute_n_y_subsanaci_oacute_n_proyecto_2_.pdf

Esta terceira xornada de apoio á actividade profesional dos arquitectos/as, a primeira delas fora relativa ao IAE e a segunda relativa a licenzas, abre tamén a posibilidade de enviar consultas, antes da celebración da mesma, utilizando o seguinte formulario: https://forms.gle/3Y4BfqvMY6zFBRZy8

DATA
Mércores 11 de febreiro de 2026 – 17:00-20:30 horas

LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZA
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña

Compartir