Arquivo para julio, 2018

Recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: COAGactua / 0 Comments

O pasado 9 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse un recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.

O Colexio entende que a non división en lotes do obxecto do contrato non está debidamente xustificada polo concello, entendendo, polo tanto, que se infrinxe o art. 99 da Lei 9/2017 e consecuentemente os artigos reguladores da solvencia (art. 87.1 a) así como o prinpio de liberdade de acceso ás licitacións públicas (art. 1 Lei 9/2017).

ENLACE AO TEXTO DO RECURSO

Horario especial na delegación de Santiago e na Sede colexial na semana do 23 ao 27 de xullo

Posted by / 23 julio 2018 / Categories: coag / 0 Comments

Infórmase que a semana do 23 ao 27 de xullo, con motivo da semana grande na cidade de Santiago de Compostela, o horario de atención na Delegación  e na Sede colexial será de 10 a 13 horas. Rogamos desculpen as molestias.

Planeamento urbanístico – xullo 2018

Posted by / 31 julio 2018 / Categories: Urbanismo / 0 Comments

Planeamento urbanístico publicado no mes de xullo de 2018 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Continuar lendo →

Normativa e acordos de interese publicados en boletíns no mes de xullo de 2018

Posted by / 31 julio 2018 / Categories: Normativa / 0 Comments

Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese do mes de xullo de 2018. Dita listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.

Continuar lendo →

Normativa e acordos de interese publicados en boletíns na primeira quincena do mes de xullo de 2018

Posted by / 26 julio 2018 / Categories: Normativa / 0 Comments

Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese da primeira quincena do mes de xullo de 2018. Dita listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.

Continuar lendo →

Certificación enerxética. Novas aplicacións recoñecidas.

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: Normativa / 0 Comments

Xullo 2018: xa están dispoñibles na web do Ministerio as novas aplicacións recoñecidas para certificación enerxética. Dúas son xerais, equivalestes á HULC, e outra é un complemento do CE3X para certos edificios novos. O cadro de aplicacións dispoñibles queda como segue:

Continuar lendo →

Convocatoria dun proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar traballos vinculados á xeración dun novo informe estatístico colexial

Posted by / 23 julio 2018 / Categories: coag / 0 Comments

Infórmase de que a Xunta de Goberno, na súa sesión 8/2018 de 5 de xullo, adoptou o acordo de convocar un proceso de selección para a contratación, mediante un contrato de arrendamento de servizos, da realización de traballos vinculados á xeración dun novo informe estatístico colexial. Para mais información, circular 16/2018

Concello de Moaña: contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS)

Posted by / 17 julio 2018 / Categories: Concursos, Urbanismo / 0 Comments

Infórmase da publicación o pasado 6 de xullo na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, da convocatoria polo Concello de Moaña da contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS)

Continuar lendo →

Reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado «técnico de urbanismo».

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: COAGactua / 0 Comments

O pasado 6 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse unha reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado «técnico de urbanismo», en exercicio da súa función de defensa dos intereses xenerais da profesión

O Colexio estima que os Arquitectos son os técnicos que poden realizar a totalidade das funcións asignadas ao posto sen limitación. Desde este punto de vista, tratándose dunha praza cualificada como de Administración Especial Subescala Técnica, a configuración do posto, no relativo ás funcións asignadas en relación coas titulacións que a RPT contempla como de acceso ao posto, vulnera os artigos 170.1 e 171 Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril (Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local), infrinxe a normativa reguladoras das competencias profesionais, así como os principios de mérito e capacidade do artigo 103.3 da Constitución Española no acceso á función pública, e artigos 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e os 24.1 e 49 b) da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia.

ENLACE AO TEXTO DA RECLAMACIÓN

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube