O luns día 23 de xullo ás 13:30, tivo lugar a inauguración no Cantón Grande da cidade de A Coruña, da exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996” que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Arquivo para julio, 2018
Infórmase de que a Xunta de Goberno, na súa sesión 8/2018 de 5 de xullo, adoptou o acordo de aprobar o procedemento interno proposto pola Secretaría colexial, a aplicar cando se teña coñecemento da existencia de sociedades profesionais que teñan como obxecto social, ou entre os seus obxectos sociais, o exercicio da profesión de arquitectura, que non figuren inscritas no Rexistro de Sociedades Profesionais do COAG. Para mais información, circular 15/2018
O obxectivo deste curso é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa que regula os procedementos e a contratación nas Administracións Públicas. Continuar lendo →
Lémbrase que, conforme ao comunicado na circular 5/2018, a Xunta de Goberno colexial na súa sesión 3/2018, celebrada o pasado 1 de marzo, adoptou o acordo de aprobar o peche das delegación colexiais do 6 ao 19 de agosto (ambos inclusive), establecendo que nese período só permanecerá aberta a Sede Colexial en Santiago de Compostela.
Infórmase que, por mor das vacacións do persoal, do 16 de xullo ao 3 de agosto, non haberá atención por arquitecto de visado de modo presencial na delegación. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Estudo de arquitectura en A Coruña, selecciona arquitecto recentemente licenciado ou estudante de último curso ou PFC para traballar como arquitecto en formación. Continuar lendo →
ALIA TASACIONES, S.A selecciona arquitecto como colaborador externo para realizar tasaciones en la provincia de A Coruña (zona de Boiro).
No BOP de A Coruña de 31 de xullo, aparecen as bases de convocatoria, por concurso-oposición, de 2 prazas de arquitecto/a, CE 1/17, funcionarios/as de carreira. Continuar lendo →
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral de Igualdade), en colaboración coa Union Profesional de Galicia (da que forma parte o COAG) e Agaxen (Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de xénero e da prevención do acoso e da violencia de xénero nas organizacións) asinou un convenio de colaboración asinado para a prevención do acoso sexual no entorno laboral.
Comentarios recientes