Arquivo para septiembre, 2016

Día Mundial da Arquitectura, 3 de outubro de 2016. Deseñar un futuro mellor

Posted by / 30 septiembre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra o próximo luns, 3 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema “Deseñar un futuro mellor”, de acordo á convocatoria anual que fai a Unión Internacional de Arquitectos (UIA), organización que representa a 1,3 millóns de arquitectos de todo o mundo. Fronte a un maior número de desafíos mundiais, o papel da arquitectura, do urbanismo e da concepción arquitectónica é cada vez máis decisivo na construción dun futuro mellor.

Seguindo esta pauta, as sete delegacións galegas do Colexio de Arquitectos de Galicia mobilízanse co propósito de promover o papel dos arquitectos e a súa contribución para aliviar o sufrimento humano e facer fronte aos retos mundiais, así como para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Organizarán para a Semana da Arquitectura diversas actividades orientadas a fomentar o gran potencial da arquitectura e do ordenamento urbano e para afrontar o cambio climático e divulgar unha mensaxe sólida, pertinente e accesible.

Así mesmo, en caso de ter interese por consultar as actividades a realizar en cada un dos Colexios de Arquitectos de España, pódese obter a información na web do CSCAE no seguinte ENLACE

Continuar lendo →

Concello de A Coruña: oferta praza de técnico/a superior de urbanismo

Posted by / 23 septiembre 2016 / Categories: coag, Emprego / Tags: , / 0 Comments

Concello de A Coruña: anuncio de convocatoria dun proceso de selección para a cobertura dunha praza de técnico/a superior de urbanismo para a execución dun programa temporal baixo a modalidade de funcionario/a interino/a Continuar lendo →

Curso de Urbanismo para Arquitectos e outros técnicos ao servizo da Administración. Prazas agotadas. Aberta lista de espera

Posted by / 21 septiembre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Con data 21 de septiembre publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria oficial do Curso de Urbanismo para Arquitectos e outros técnicos ao servizo da Administración, que o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza en colaboración coa EGAP. Puede consultarse el texto de la convocatoria en el siguiente ENLACE.

Como vos anunciamos hai unhas semanas, con esta convocatoria oficial ábrese o prazo de matriculación, que permanecerá aberto desde hoxe día 21 de setembro ata día 28 de outubro, ou ata esgotar as prazas dispoñibles.

Pode consultarse a información relativa aos contidos detallados do curso, inscrición, horarios e lugar de celebración no seguinte ENLACE.

Continuar lendo →

Xornadas sobre o exercicio da profesión. Delegación de Lugo

Posted by / 10 septiembre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

O traballo da arquitectura require dunha serie de coñecementos de tipo administrativo e técnico que habitualmente non se explican nas escolas e que son imprescindibles para poder enfrentarse ó exercicio profesional.

As presentes Xornadas pretenden aportar luz sobre conceptos básicos como as obligacións fiscais dun estudo de arquitectura, as coberturas dos sistemas de previsión social, a obrigatoriedade de contratar un seguro de responsabilidade civil ou cómo xestionar un proxecto a través da web colexial. Continuar lendo →

Oferta de emprego

Posted by / 5 septiembre 2016 / Categories: coag / Tags: , / 0 Comments

Desde a empresa SANJOSE CONSTRUTORA, dannos traslado do inicio do proceso de selección dun posto de traballo para arquitecto con experiencia na elaboración de informes periciais para a execución dun protocolo de gretas

a 05-setembro-2016

Continuar lendo →

Workshop: Camiñando polo norte (Escola Galega da Paisaxe-Juana de Vega)

Posted by / 1 septiembre 2016 / Categories: coag, Cursos / Tags: , / 0 Comments

A Escola Galega da Paisaxe organiza do 12 ao 16 de setembro de 2016, un workshop dedicado ao Camiño Norte de Santiago de Compostela ao seu paso polo municipio de Guitiriz (Lugo). O workshop estará dirixido por Jordi Bellmunt, director do Máster en arquitectura da paisaxe de Barcelona. Continuar lendo →

Mesturas II – encontros internacionais de Arquitectura Galicia-Portugal

Posted by / 27 septiembre 2016 / Categories: coag / Tags: / 0 Comments

Co tema «Rehabilitación e Intervencións no Patrimonio», os días 7 e 14 de outubro en Oporto terá lugar a II edición de Mesturas, as xornadas pretenden divulgar a arquitectura feita en Portugal e en Galicia, fomentando o intercambio de proxectos e experiencias entre a arquitectura dos dous países. Estes encontros deben tamén constituír un momento de debate que permita artellar puntos de vista sobre a multiplicidade de temas de interese común, aos que a arquitectura e o urbanismo dan respostas diversas en ambas as marxes do Miño.

Continuar lendo →

Ourense. Olladas na rúa 25

Posted by / 26 septiembre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

01_olladas-na-rua-25

Biblioteca Universitaria del Campus de Ourense. 

VIERNES 30  a las 19,00 h.

Ciudadana: Julia Jiménez López.

Arquitecto: Galo Zayas Carvajal.

De la mano de la directora de la biblioteca y de uno de los arquitectos redactores del proyecto visitaremos la biblioteca universitaria del Campus de Ourense.

Como señalan sus autores: «El edificio interpreta la topografía como forma de cuenco o artesa del lugar configurada por las laderas y los viales perimetrales, con la creación de una gran plaza elevada, abierta al paisaje y de un espacio interior fluido, contínuo, propicio para la lectura”

Interposición de recurso de reposición contra convocatoria do Concello de Vila de Cruces para a provisión dunha praza de técnico medio de urbanismo en réxime de funcionario interino

Posted by / 26 septiembre 2016 / Categories: coag, COAGactua, Emprego, Recursos / 0 Comments

A Xunta de Goberno na súa sesión 12/2016, de 21 de setembro, (sen prexuízo da previa difusión da mesma no mes de agosto na web colexial ao obxecto de que os interesados puidesen presentar en prazo a súa solicitud) acordou presentar recurso de reposición, en defensa das competencias da profesión, impugnando as bases e a convocatoria do Concello de Vila de Cruces para a provisión dunha praza de técnico medio de urbanismo en réxime de funcionario interino

Continuar lendo →

Planeamento publicado en Agosto de 2016

Posted by / 1 septiembre 2016 / Categories: Urbanismo / Tags: , , , / 0 Comments

Planeamento urbanístico publicado no mes de Agosto de 2016 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletíns Oficiais da A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.

Continuar lendo →

12

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube