Infórmase que a partires do vindeiro luns 31 de agosto volverán a abrir ao público todas as delegacións colexiais nos días e horarios habituais, excepto a delegación de Vigo que o fará a partires do martes 1 de setembro.
Arquivo para agosto, 2015
Tamén nos enlaces sequintes, poderán acceder os informes explicativos da asesoría técnica, referentes ao novo Decreto 106/2015, sobre contaminación acústica de Galicia, e aos aspectos da Lei estatal 20/2015, que na súa Disposición Final Terceira modificó a Ley 38/1999 de ordenación da edificación
Relación de planeamento urbanístico publicado no mes de Xullo de 2015 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletíns Oficiais das provincias de Lugo e Pontevedra
Con data de hoxe, 5 de agosto de 2.015, publicouse no DOG a convocatoria oficial do Curso Superior de Técnico de Urbanismo que este ano organiza o COAG en colaboración coa EGAP. Pode consultarse o texto da convocatoria no seguinte ENLACE.
Como vos anunciamos hai unhas semanas, con esta convocatoria oficial ábrese o prazo de matriculación, que permanecerá aberto desde hoxe día 5 atao día 17 de setembro, ou ata esgotar as prazas dispoñibles. Continuar lendo →
Lembrase que, tal e como se anunciou na circular nº 26/2015, as delegacións colexiais permanecerán pechadas do 10 ao 28 de agosto (ambos inclusive). Excepto a delegación de Ferrol que permanecerá pechada do 30 de xullo ao 28 de agosto (ambos inclusive)
Esta medida ven determinada pola oportunidade de compatibilizar as vacacións do persoal cos períodos de menor actividade nas delegacións.
Non obstante, durante o período indicado permanecerá aberta a Sede colexial en Santiago de Compostela desde a que se seguirán prestando os servizos colexiais. Sen embargo, debido á redución de efectivos durante este período, indícase que é posible que os tempos de tramitación se incrementen respecto do habitual.
Laméntanse as molestias que esta medida poida causar.
Secretaría colexial
Comentarios recientes