Cese de operatividade da aplicación COAGEstudio na súa versión de escritorio

13 Dec 2022

A partires do día 1 de marzo de 2023, deixará de estar operativa a aplicación COAGEstudio na súa versión de escritorio. Desde esta data, a tramitación do visado/rexistro de traballos profesionais no COAG faranse exclusivamente a través de COAGEstudio web.

A aplicación COAGEstudio web, dispoñible desde hai aproximadamente un ano, é compatible cos principais sistemas operativos e navegadores. Ao mesmo tempo, está orientada a facilitar unha tramitación máis áxil da documentación. No seu deseño contouse coa participación dun grupo de colexiados elixidos polo seu distinto perfil de tramitación.

Principais indicacións:

  • Accédese a COAGEstudio Web desde https://servicios.coag.es co usuario e contrasinal da web do COAG. Existe un acceso directo na propia páxina do Colexio.

  • Na web da Área Técnica pódense atopar información e recursos sobre COAGEstudio web: acceso, manuais, vídeos de exemplo e faq.
  • Ata o 1 de marzo de 2023 é posible utilizar indistintamente as versións de COAGEstudio web e de escritorio.
  • A tramitación en COAGEstudio Web farase utilizando exclusivamente a estrutura documental guiada (a opción “por defecto” en COAGEstudio escritorio).
  • A documentación en formato pdf subirase previamente asinada polos técnicos correspondentes. Neste sentido, lémbrase que están dispoñibles aplicacións gratuítas que permiten asinar electrónicamente “en lote” un conxunto de arquivos en formato pdf, como @autofirma ou xolidosign (vídeo breve de exemplo de uso).

Para calquera dúbida ou aclaración pódese utilizar a plataforma de consultas.

Compartir