COAG Estudio

«COAG Estudio» é a aplicación informática que permite aos colexiados do Colexio de Arquitectos o visado ou rexistro dos seus traballos profesionais. 

A tramitación dixital consiste na sinatura dixital de arquivos, converténdoos así en arquivos de identidade e autenticidade inquebrantables. Mediante a esta aplicación informática, pódense enviar a visar expedientes dixitalmente seguindo un procedemento ordenado, hanse cubrir uns datos obrigatorios e introducir a documentación gráfica e escrita en formato PDF. 

A tramitación faise a través da aplicación de escritorio COAGEstudio, que pode descargarse como se indica a continuación, e que é compatible co Vista e Windows 7/8/10. En calquera caso, con independencia do sistema operativo empregado, os colexiados que o desexen poden empregar como alternativa a aplicación COAGEstudio web en versión “beta”. Se desexa utilizar esta versión “beta” para a tramitación, por favor comprobe os requisitos e siga as instruccións que se indican a continuación no apartado correspondente.

COAG Estudio. Aplicación de escritorio.

Instalación e configuración de COAGEstudio

COAG Estudio (Windows Vista / 7 / 8 / 10)*

Notas:

  • * Non soportado para Windows 11. Os usuarios con windows 11 deberán utilizar COAG Estudio Aplicación Web.
  • Antes de proceder á instalación, é necesario descomprimir o contido do arquivo .zip a unha carpeta do seu disco duro.
  • Se utilizas o antivirus «Avast», podes experimentar incidencias no funcionamento de COAG Estudio. Isto débese ao comportamento do antivirus nas súas últimas actualizacións. Esta guía describe como establecer unha exclusión para COAG Estudio no «Avast».

COAG Estudio. Aplicación web (beta).

A versión web de COAGEstudio presenta un “interface” máis simplificado, e pode ser utilizada desde calquera punto de internet a través dos últimos sistemas operativos e navegadores. 

Se desexa pasar a tramitar a través de COAG Estudio web (beta), teña en conta:

  • Os arquivos débense subir xa asinados electronicamente por parte dos autores correspondentes. Neste sentido, lembramos existen aplicacións gratuitas que permiten asinar individualmente, ou en lote, os arquivos pdf (@autofirma, XolidoSign,…).
  • Se opta por esta versión, a aplicación de escritorio poderase seguir utilizando, se ben sincronizando cada vez que se produzan actualizacións na documentación.
  • Un dos obxectivos desta versión “beta” é recadar as opinións e suxestións dos colexiados, a efectos de mellorar a aplicación. Neste sentido, o COAG ofrecerá soporte preferente aos colexiados que utilicen a versión “beta”.

Solicitar o uso de COAG Estudio Web (beta)