Actuacións do Colexio

29-07-2020
O Coag interpón recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, en impugnación da Licitación polo Concello de Sada para adxudicar a contratación da “asistencia técnica para a redacción do plan especial de protección, ordenación, infraestruturas e dotacións de Veigue” Expediente: 2020/c004/000005.
22-07-2020
O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación convocada polo Concello de Narón para a aduxudicación do contrato de servizos para a dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación do Muíño de Xuvia, incluida na EDUSI “Ría de Ferrol, cidade 2020”
20-07-2020
O COAG presenta suxestións no trámite de audiencia ao anexo con modelo de “Informe de avaliación do edificio” do Decreto polo que se regula o Informe de Avaliación de Edificios e se crea o seu rexistro na Comunidade Autónoma de Galicia
10-07-2020
O COAG presenta recurso de resposición en impugnación da licitación convocada polo Concello de Porto do Son para adxudicar o contrato de servizos “Redacción do proxecto básico e de execución para execución de sentencia no portal 2 do edificio Maraxiña”
06-07-2020
O concello da Coruña modifica os pregos e convoca unha nova licitación para a adxudicación do contrato de servizos para a redacción de proxecto constructivo, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde correspondentes ás obras do “Plan de humanización e naturalización do paseo marítimo de A Coruña”
03-07-2020
O COAG presenta alegacións fronte á aprobación inicial da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Betanzos