Categoría

Invitación a CONSTRUMAT 2025

Invitación a CONSTRUMAT 2025

Un ano máis o Colexio de Arquitectos de Galicia, en colaboración con CONSTRUMAT, pon a disposición dos seus colexiados invitacións de acceso para o encontro do sector, que terá lugar en Barcelona do 20 ao 22 de maio de 2025.

Nesta ocasión están á vosa disposición 10 invitacións Vip (guardarropía gratuita e acceso sala vip) [acceso aquí],  200 invitacións gratuitas [acceso aquí] e invitacións ilimitadas co 60% de desconto [acceso aquí].

CONSTRUMAT é punto de referencia do sector da construción onde converxen as ideas, as solucións e os profesionais que definen o futuro. Cunha aposta clara pola sustentabilidade, a innovación e a transversalidade, o lugar onde arquitectos, enxeñeiros, CEOs e prescritores atopan as ferramentas e as oportunidades para afrontar os grandes retos do mercado.

32.000m2 + 350 expositores de 22 países + máis de 700 marcas … e as empresas líderes.

Coa túa invitación conseguirás:

  • Acceso aos 3 días de CONSTRUMAT
  • Acceso á zona expositiva do salón.
  • Acceso ao Sustainable Building Congress onde poderás coñecer as iniciativas máis transformadoras do sector.
  • Acceso á Área de Workshop e a todas as súas xornadas técnicas.
  • Acceso á Área de Startups.
  • Acceso á sala Experience.

 

Manual para o taller: COÑECE O TEU EDIFICIO, DÁLLE VIDA AO TEU BARRIO. CEAV. CSCAE

Manual para o taller: COÑECE O TEU EDIFICIO, DÁLLE VIDA AO TEU BARRIO. CEAV. CSCAE

O Manual para o taller: COÑECE O TEU EDIFICIO, DÁLLE VIDA AO TEU BARRIO, que é froito do traballo da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV) e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), ensínanos como impulsar a rehabilitación de edificios desde os barrios.

• A publicación, insere no proxecto RehabilitAcción Cidadá Local, sintetiza a aprendizaxe de catro talleres piloto celebrados, entre os meses de xaneiro e marzo deste ano, en Xetafe, Málaga, Zaragoza e Valladolid.
• O punto de partida dos talleres é a Guía veciñal de rehabilitación e compleméntase cun documento de diagnóstico e plan de acción que recolle desde as características do edificio ao vínculo co benestar, a saúde, o confort e a seguridade que senten os seus habitantes.
• O proxecto está financiado pola European Climate Foundation.

Podes descargar o manual dende esta ligazón: Manual
Máis información: Nota

Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais

Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais

Real Decreto 164/2025, do 4 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais

O Real Decreto, que ten carácter de normativa básica, adapta o novo RSCIEI ás necesidades e ás solucións construtivas actuais e, ao mesmo tempo, alíñao co resto de normativa de produtos, instalacións e edificación. read more…

Guía veciñal de rehabilitación. CEAV. CSCAE. Actualización.

Guía veciñal de rehabilitación. CEAV. CSCAE. Actualización.

Actualización marzo 2025  |   A Guía veciñal para a rehabilitación e o vídeo Rehabilitar, paso a paso, que son froito do traballo da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV) e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), pódense descargar desde aquí.

read more…

Conferencia de Myriam Goluboff

Conferencia de Myriam Goluboff

O próximo mércores, 9 de abril, dentro do Espazo ETSAC, terá lugar a conferencia de Myriam Goluboff  titulada «90 años no es nada… vida y obras». read more…

Concello do Barco de Valdeorras – bolsa de emprego para provisión temporal de arquitecto/a municipal

Concello de Bueu – Unha praza de Arquitecto/a

No BOP-Pontevedra de 8 de abril, publícase o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura por concurso-oposición, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de Arquitecto/a incluída na OEP 2024 do Concello de Bueu. read more…

Invitación a CONSTRUMAT 2025

Invitación a CONSTRUMAT 2025

Un ano máis o Colexio de Arquitectos de Galicia, en colaboración con CONSTRUMAT, pon a disposición dos seus colexiados invitacións de acceso para o encontro do sector, que terá lugar en Barcelona do 20 ao 22 de maio de 2025. Nesta ocasión están á vosa disposición 10...

Manual para o taller: COÑECE O TEU EDIFICIO, DÁLLE VIDA AO TEU BARRIO. CEAV. CSCAE

Manual para o taller: COÑECE O TEU EDIFICIO, DÁLLE VIDA AO TEU BARRIO. CEAV. CSCAE

O Manual para o taller: COÑECE O TEU EDIFICIO, DÁLLE VIDA AO TEU BARRIO, que é froito do traballo da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV) e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), ensínanos como impulsar a rehabilitación de...

Guía veciñal de rehabilitación. CEAV. CSCAE. Actualización.

Guía veciñal de rehabilitación. CEAV. CSCAE. Actualización.

Actualización marzo 2025  |   A Guía veciñal para a rehabilitación e o vídeo Rehabilitar, paso a paso, que son froito do traballo da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV) e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), pódense...

Conferencia de Myriam Goluboff

Conferencia de Myriam Goluboff

O próximo mércores, 9 de abril, dentro do Espazo ETSAC, terá lugar a conferencia de Myriam Goluboff  titulada «90 años no es nada… vida y obras». Será no salón de actos da Escola, ás 13 horas.

Concello do Barco de Valdeorras – bolsa de emprego para provisión temporal de arquitecto/a municipal

Concello de Bueu – Unha praza de Arquitecto/a

No BOP-Pontevedra de 8 de abril, publícase o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura por concurso-oposición, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de Arquitecto/a incluída na OEP 2024 do Concello de Bueu....