Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais

10 Abr 2025

Real Decreto 164/2025, do 4 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais

O Real Decreto, que ten carácter de normativa básica, adapta o novo RSCIEI ás necesidades e ás solucións construtivas actuais e, ao mesmo tempo, alíñao co resto de normativa de produtos, instalacións e edificación.

Ademais, introduce modificacións nas seguintes disposicións legais:
– Regulamento de instalacións de protección contra incendios, aprobado polo Real Decreto 513/2017.
– Documento Básico de Seguridade en caso de Incendio co obxectivo de buscar unha mellor complementación e coordinación entre ambos.
– Orde do Ministerio de Industria e Enerxía, pola que se determinan as condicións que deben reunir os extintores de incendios instalados en vehículos de transporte de persoas ou de mercadorías.
– Instrucións Técnicas Complementarias do Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas, aprobado polo Real Decreto 552/2019.
– Nova disposición no Real Decreto 2200/1995 polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial.
– Real Decreto 355/2024 polo que se aproba a Instrución Técnica Complementaria ITC AEM 1 «Ascensores».

O decreto, que entrará en vigor ao mes da súa publicación no BOE, regula que o RSCIEI será de aplicación aos novos establecementos industriais que se constrúan ou implanten a partir da súa entrada en vigor. Para os existentes existe un réxime transitorio de 6 meses.

Nas súas disposicións transitorias, tamén regula como se aplicará aos establecementos que se atopen en construción, aos existentes, así como ás ampliacións, reformas ou cambios de actividade.

Este regulamento ten por obxecto establecer os requisitos que deben cumprir os establecementos industriais no relativo á súa seguridade en caso de incendio, para previr a aparición de incendios e para dar unha resposta adecuada en caso de producirse, establecendo medidas para facilitar a súa rápida detección, limitar a súa propagación e posibilitar a súa extinción, co obxectivo de minimizar o risco de danos a persoas, bens e medioambiente.

Será de aplicación aos establecementos cuxo uso principal é industrial:
a) As actividades industriais, tal como defínense no artigo 3.1 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria.
b) Os almacéns industriais, tal como defínense no artigo 3 do presente regulamento.
c) Os talleres de reparación de vehículos.
d) Os servizos auxiliares ou complementarios das actividades comprendidas nos parágrafos anteriores.

Quedan excluídas do ámbito de aplicación as seguintes actividades:
a) As desenvoltas en establecementos ou instalacións nucleares e radioactivas,
b) as de extracción de minerais,
c) as actividades agrarias e gandeiras,
d) as instalacións para usos militares,
e) as instalacións de servizo definidas no artigo 42.1 da Lei 38/2015, do 29 de setembro, do sector ferroviario.

Cando nun mesmo edificio coexistan co uso ou actividade industrial outros usos con distinta titularidade, para os que sexa de aplicación o DB-SE ou unha normativa equivalente, os espazos de uso non industrial deberán satisfacer os requisitos esixidos por @dicha normativa.

Cando dentro dun establecemento industrial coexistan co uso ou actividade industrial outras actividades subsidiarias que se identifiquen cos usos definidos no CTE DB-SE, as zonas nas que se desenvolvan estas deberán satisfacer o establecido en dita normativa cando superen as superficies indicadas a seguir:
a) Administrativo: superficie construída superior a 250 m2.
b) Comercial: superficie construída superior a 250 m2.
c) Docente: superficie construída superior a 250 m2.
d) Pública Concorrencia: superficie construída superior a 250 m2.
e) Residencial Vivenda e Residencial Público: sempre.
f) Zonas de aloxamento: superficie construída superior a 250 m2.
g) Aparcadoiro: superficie construída superior a 100 m2.
h) Varios usos a), b), c), d), f) ou g) adxacentes ou superpostos: superficie construída superior a 250 m2 entre todos eles.

Para descargar pica aquí

Compartir