O Manual para o taller: COÑECE O TEU EDIFICIO, DÁLLE VIDA AO TEU BARRIO, que é froito do traballo da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV) e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), ensínanos como impulsar a rehabilitación de edificios desde os barrios.
• A publicación, insere no proxecto RehabilitAcción Cidadá Local, sintetiza a aprendizaxe de catro talleres piloto celebrados, entre os meses de xaneiro e marzo deste ano, en Xetafe, Málaga, Zaragoza e Valladolid.
• O punto de partida dos talleres é a Guía veciñal de rehabilitación e compleméntase cun documento de diagnóstico e plan de acción que recolle desde as características do edificio ao vínculo co benestar, a saúde, o confort e a seguridade que senten os seus habitantes.
• O proxecto está financiado pola European Climate Foundation.
Podes descargar o manual dende esta ligazón: Manual
Máis información: Nota