Categoría

I Xornadas de Industrialización

I Xornadas de Industrialización

A cátedra Rodiñas organiza o vindeiro venres no Salón de Actos de Cesuga estas I Xornadas de Industrialización na Construción. O aforo é limitado. É necesaria inscición previa (gratuita). read more…

Planeamento urbanístico – marzo 2021

Planeamento urbanístico – marzo 2021

Planeamento urbanístico publicado no mes de marzo de 2021 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. read more…

O Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo declara a firmeza da Sentenza 18/2021, de 26 de xaneiro de 2021, recaída no Procedemento Ordinario 134/2020.

A sentenza desestima un recurso do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia impugnando a resolución do Concello de Vigo que declarou a falta de competencia dun enxeñeiro industrial para realizar un informe de avaliación de edificios sobre edificación residencial. A sentenza desestima íntegramente o recurso e declara conforme a dereito a resolución do Concello de Vigo. O COAG actuou en dito procedemento xudicial en defensa das competencias da profesión.

A sentenza, realiza unha análise detallada das atribucións profesionais que regula LOE e que se concretan nos artigos 12, 13 , en relación co artigo 2 do mesmo texto legal, precisando que: “Los únicos títulos que demuestran la capacitación profesional para la confección de proyectos de edificación respecto de la construcción de edificios o intervenciones sobre los existentes, con usos administrativos, sanitarios, religiosos, residenciales en todas sus formas, docentes y culturales, son el de arquitecto y el de arquitecto técnico para la dirección de la ejecución de estas obras, y sus IEEs.”

Firme a sentenza contra xa non cabe recurso contra ela.

O COAG presenta Recurso de Casación contra a Sentenza 45/2021 do 9 de febreiro ditada pola Sala do Contencioso Administrativo, Sección 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Procedemento Ordinario 7198/2020 que desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e  Mobilidade de 29/01/2020 que desestimou o recurso de reposición contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo.

I Xornadas de Industrialización

I Xornadas de Industrialización

A cátedra Rodiñas organiza o vindeiro venres no Salón de Actos de Cesuga estas I Xornadas de Industrialización na Construción. O aforo é limitado. É necesaria inscición previa (gratuita). Máis información en inscrición no seguinte ENLACE.

Planeamento urbanístico – marzo 2021

Planeamento urbanístico – marzo 2021

Planeamento urbanístico publicado no mes de marzo de 2021 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia....