O COAG presenta Recurso de Casación contra a Sentenza 45/2021 do 9 de febreiro ditada pola Sala do Contencioso Administrativo, Sección 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Procedemento Ordinario 7198/2020 que desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e  Mobilidade de 29/01/2020 que desestimou o recurso de reposición contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo.

29 Mar 2021

Compartir