Convocatoria do proceso de selección de propostas aos Premios Mies van der Rohe 2022

7 Abr 2021

Desde o Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) nos informan de que a Fundación Mies van der Rohe-Barcelona abre o prazo para a presentación de candidaturas do PREMIO DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA DE LA UNIÓN EUROPEA – PREMIO MIES VAN DER ROHE 2022, e invitar formalmente ao CSCAE a colaborar no proceso mediante a presentación de candidaturas.

Neste sentido, o CSCAE solicitou aos distintos Colexios de España que aportemos as nosas propostas de candidaturas. Unha vez recibidas todas as que aportemos os Colexios, o CSCAE procederá a realizar unha selección, para presentar as que considere oportunas como candidatos ante a Fundación.

Conforme ao anterior, o COAG establece a presente convocatoria para que os seus colexiados presenten os traballos que desexan que se valoren como propostas do COAG ao CSCAE como candidatas aos Premios indicados.

En relación cos termos da mesma, indicamos que o prazo establecido para a presentación de candidaturas ven determinado polos prazos que establece o CSCAE para que lle fagamos chegar as súas propostas e á súa vez aos establecidos pola la Fundación.

As obras presentadas deben ter sido rematadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de abril de 2021 (ambos inclusive)

Antecedentes

O Premio ten carácter bienal e o seu propósito principal é recoñecer e recompensar a calidade da produción arquitectónica en Europa,  e destacar a importante contribución dos arquitectos europeos ao desenvolvemento de novas ideas e tecnoloxías, animando a unha maior comprensión, por parte dos cidadáns e das institucións públicas, da función cultural da arquitectura na construción das cidades europeas.

En cada edición bienal, o Xurado selecciona entre todas as candidaturas dúas obras: unha para outorgar o Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea – Premio Mies van der Rohe, en consideración á súa calidade conceptual, técnica e construtiva, e outra que recibe a Mención Especial Arquitecto Emergente.

O Premio Mies van der Rohe ten unha dotación económica de 60.000 €, e a Mención Especial Arquitecto Emergente está dotado con 20.000 €. Os gañadores dos dous galardóns recibirán, ademais, unha escultura que evoca o Pavillón Mies Van der Rohe.

Información Premios: miesbcn.com/es/premio/

Requisitos e condicións das candidaturas e dos candidatos.

Poderán participar nesta convocatoria, os proxectos redactados ou obras finalizadas, con emprazamento no ámbito da comunidade autónoma de Galicia a, que teñan sido rematadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de abril de 2021 (ambos inclusive)

No caso de que a obra en cuestión non estea rematada pero esté prevista a súa finalización antes do vindeiro 30 de abril de 2021, poderán participar pero deberán acreditar posteriormente a data de remate.

Por outra parte, poderán presentar as propostas de candidaturas para que sexan presentadas polo COAG, as persoas físicas o xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Figurar como colexiado/a no COAG como persoa física ou inscrito no Rexistro de Sociedades profesionais do COAG
  • Atoparse ao corrente das súas obrigacións colexiais e en plenitude dos seus dereitos como colexiados.
  • Ser os autores ou coautores dos proxectos ou obras presentadas como candidatos. En caso de coautoría, la candidatura deberá ser presentada por todos los autores

Cada arquitecto poderá presentar tantas obras como estime oportunas.

Documentación a presentar

Deberase aportar a documentación referida a continuación:

  • Un breve dossier ou memoria descritiva e xustificativa da obra ou traballo presentado, coa documentación gráfica e escrita do proxecto necesaria para a comprensión do mesmo, xustificando os valores da proposta a xuízo dos autores, así como méritos que xustifiquen dicha candidatura (párrafo que non exceda de 4-5 liñas) . Este documento deberá presentarse en formato PDF, cunha extensión máxima de 4 páxinas en tamaño A3.Tamaño máximo do arquivo é de 10 MB
  • O modelo de solicitude de participación e autorización para o tratamento de datos persoais (ANEXO I) debidamente cuberto e asinado con sinatura dixital válida (DNI, FNMT…).

Procedemento de selección

Os colexiados/as interesados en que se valore unha posible obra para a presentación por parte do COAG ao Consejo Superior, deberán remitir a documentación indicada á Comisión de Cultura colexial, que procederá á súa revisión e valoración, decidindo cales se remitirán ao CSCAE.

Prazo e forma de presentación. 

O prazo de presentación rematará ás 13:00 horas do 14 de abril. 

As propostas deberán ser achegadas por correo electrónico a:

cultura@colexiodearquitectos.org

Xurado

O xurado para a avaliación das obras presentadas, será a Comisión de Cultura do COAG.

Os membros do xurado non poderán participar neste proceso.

O Xurado poderá asumir o rexeitamento daquelas obras ou proxecto que cualifique de non rematados por completo.

O Xurado resérvase tamén a potestade de aceptar ou rexeitar aquelas obras que poidan ter un defecto de forma na súa candidatura que considere menor.

Consultas e reclamacións 

As consultas e reclamacións sobre esta convocatoria poderanse realizar no panel de servizos colexiais no seguinte ENLACE 

Propiedade intelectual e dereitos de terceiros

Os participantes deberán ser titulares dos dereitos de propiedade intelectual sobre os traballos, proxectos, fotografías e/ou planos presentados, e/ou contar con todos os dereitos e/ou facultades para o  uso, reprodución, comunicación e difusión dos mesmos.

Os participantes fanse responsables da documentación facilitada, manifestando que a mesma non infrinxe dereitos de propiedade intelectual nin de imaxe de terceiras persoas, nin calquera outro dereito de terceiros e, así mesmo, exoneran ao COAG de calquera responsabilidade respecto diso.

Por tanto, o participante responderá directamente ante calquera reclamación, queixa ou demanda de terceiros con relación á vulneración ou infracción dos posibles dereitos que puidesen derivarse da  documentación entregada ou como consecuencia da presentación da mesma á presente convocatoria mantendo indemne ao COAG.

Publicación e difusión.

Os autores das obras ou proxectos participantes autorizan ao COAG e ao CSCAE para o uso, distribución, comunicación pública, exhibición,  reprodución, publicación e difusión por calquera medio, conxunta ou individualmente, das candidaturas presentadas e toda a documentación e imaxes que a integran, podendo, en consecuencia, aparecer en calquera tipo de soporte, editado, impreso ou dixital, vinculado co COAG e a difusión das súas actividades, incluído Internet, e cedendo ao COAG todos os dereitos de explotación da propiedade intelectual que das publicacións resultantes puidesen xerarse, sen limitacións de tipo territorial nin temporal e sen que os cedentes poidan reclamar contraprestación algunha, nin dineraria nin de ningunha outra clase.

Non se poderán utilizar os traballos e documentación presentados, salvo acordo e consentimento expreso dos seus autores, para outros fins distintos aos vinculados á publicidade e difusión das actividades do COAG.

Información sobre tratamento de datos persoais.

O COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA (COAG), con domicilio en Praza Quintana, 1, 2º, 15704 Santiago de Compostela, é a entidade responsable do tratamento dos datos de carácter persoal consignados na súa solicitude de participación e na documentación que acompañe, así como dos que sexan xerados a consecuencia da súa participación no proceso de selección de propostas aos Premios Mies van der Rohe 2022

O COAG ten designado un Delegado de Protección de Datos co que pode pórse en contacto a través da la dirección de correo electrónico dpd@coag.es

O COAG tratará os seus datos para o cumprimento das funcións e obrigas que ten legalmente asignadas, e, en particular, para a xestión, tramitación e publicidade do proceso de selección de propostas aos Premios Mies van der Rohe 2022

Os datos solicitados no formulario de participación e a documentación solicitada resultan necesarios para a comprobación do cumprimento dos requisitos de participación e a valoración da súa candidatura polo xurado, si o interesado non facilita estes datos, podería ver rexeitada a súa solicitude de participación.

En canto aos datos de terceiras persoas que o participante poda proporcionar na documentación que aporte, será obriga do participante informar debidamente ós terceiros, de acordo coa normativa sobre protección de datos, da comunicación dos seus datos ó COAG a estes efectos, e, no seu caso, recabalo seu consentimento explícito para tal tratamento.

A base legal para o tratamento dos seus datos como participante no proceso de selección é o seu consentimento, ademais, para o cumprimento das funcións e obrigas legalmente impostas ó COAG poden realizarse tratamentos lexitimados pola lei, entre outras, nas seguintes normas:

  • Ley 2/1974, de 13 de febrero, sobre Colegios Profesionales
  • Real Decreto 129/2018, de 16 de marzo, por el que se aprueban los Estatutos Generales de los Colegios de Arquitectos y de su Consejo Superior.
  • Estatutos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
  • Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno.

Os datos que proporcione o participante comunicaranse aos membros da comisión de cultura colexial, a outros participantes no certame e ós colexiados, así mesmo, os datos da candidatura comunicaranse ó público mediante a súa publicación na Internet, no sitio web do COAG, e a través da súa posible difusión polos medios de comunicación. Os datos serán comunicados o CSCAE para a selección das obras, e, no caso de ser seleccionadas, á Fundación Mies van der Rohe-Barcelona. Os datos tamén poderían comunicarse en cumprimento das obrigas legais do COAG, en particular, as relativas a transparencia e bo goberno.

Así mesmo, infórmase de que o COAG recorre a terceiros para a prestación de servizos que implican o tratamento de datos por conta de aquel, polo que, como encargados do tratamento, estes terceiros poderán ter acceso ós datos. Entre eles, a prestación de determinados servizos de comunicacións electrónicas e servizos TIC son proporcionados por determinados encargados do tratamento (INTELLIGENCE PARTNER, S.L (Google), The Rocket Science Group LLC d/b/a MailChimp) que implica ou pode implicar a transferencia dos seus datos persoais a terceiros países que ofreceron garantías adecuadas, mediante algún dos instrumentos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos; se desexa coñecer cales son estas garantías, pode dirixirse á dirección de correo electrónico: secretaria@colexiodearquitectos.org .

Os datos conservaranse mentres sexan necesarios para a xestión do certame e a súa difusión, e posteriormente para a súa publicidade e para dar cumprimento as obrigas de arquivo o rexistro público.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre si o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA está tratando datos persoais que o concirnan.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder ós seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fines para os que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en tal caso unicamente se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán oporse ó tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, o COAG deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos como o cumprimento das funcións ou obrigas legalmente establecidas, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

Así mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento do interesado, este ten o dereito a retirar o consentimento en calquera momento.

O interesado poderá exercitar estes dereitos dirixíndose á dirección de correo electrónico: secretaria@colexiodearquitectos.org

No caso de que o interesado estime que non se está a realizar un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamación ante o Delegado de Protección de Datos designado (dpd@coag.es) ou ante a Agencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria supón a aceptación da súas bases.

Compartir