O vindeiro mércores, 14 abril ás 11:00 h, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense organiza esta webinar para informar das ordes de axuda existentes para rehabilitación de vivendas.
En concreto, informarase sobre:
- Resolución de 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes con carácter plurianual (DOG núm. 225 06/11/2020)
- Resolución do 05 de marzo de 2021 pola que se convoca o programa de fomento, conservación, da mellora da seguridade de utilización e accesibilidade en vivendas do Plan Estatal de vivenda 2018-2021 (DOG núm. 54 22/03/2021)
Neste encontro específico para o sector da provincia de Ourense, contaremos coa presenza de:
- Gabriel Alén Castro, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense.
- Victoria Núñez López, Xefa Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
- Consuelo Fernández Sueiro, xefa de Área Provincial do IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo)
- Maria José Paniagua Mateos, Xefa do Servizo de Calidade da Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade do IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo)
Dito webinar realizarase o mércores 14 de abril de 2021, ás 11:00 horas, a través da plataforma para videoconferencias da Xunta de Galicia, Cisco Webex.
Para poder asistir, deberá rexistrarse neste ENLACE, pulsando na ligazón “Rexistrarse” debaixo do logotipo da Xunta de Galicia ou no botón situado ao final desta páxina. Unha vez rexistrado, chegaralle un correo electrónico automático confirmando a inscrición, facilitándoselle a ligazón de acceso ao webinar. Si non recibe o correo comprobe que non estea na súa carpeta de correo non desexado, máis coñecido como “spam”.
Poderanse formular preguntas e consultas a través da canle “preguntas e respostas”.
Se vostede ten algún problema para realizar a súa conexión poderá dirixirse por correo electrónico ao enderezo: cau-videoconferencias@xunta.gal