Categoría
Visita Clúster da Pizarra | Xoves 22 de outubro
O próximo xoves, 22 de outubro, farase unha visita ás instalacións do Clúster da Pizarra en Sobradelo de Valdeorras para achegar aos profesionais o proceso extractivo e transformador deste material de referencia na construción.
Punto de encontro e benvida
A xornada dará comezo no Centro Tecnolóxico da Pizarra, situado na localidade de Sobradelo de Valdeorras (Carballeda de Valdeorras). A recepción dos participantes terá lugar entre as 10:30 e as 11:00 horas, momento no que o xerente do Clúster da Pizarra de Galicia ofrecerá unha benvida oficial acompañada dun café para os asistentes.
Para facilitar os desprazamentos e garantir a seguridade dos asistentes durante todo o itinerario polas explotacións, o Clúster porá a disposición dos colexiados un servizo de autobús exclusivo para os traslados.
Programa da xornada
- 10:30 – 11:00: Recepción dos colexiados no Centro Tecnolóxico da Pizarra a cargo do xerente do Clúster da Pizarra de Galicia e café de benvida.
- 11:00: Saída en autobús en dirección á nave de elaboración.
- 11:30: Visita guiada á nave de elaboración, onde se explicarán os catro pasos fundamentais do proceso de elaboración.
- 12:45: Visita técnica a unha canteira de lousa a ceo aberto.
- 14:00: Xantar para os inscritos.
Esta visita reafirma o compromiso de colaboración entre os arquitectos galegos e o sector da lousa, promovendo un coñecemento directo das súas aplicacións construtivas, sostibilidade e calidade técnica sobre o terreo.
Inscrición na visita
Para asistir a esta xornada é preciso inscribirse nesta [ligazón]*.
*A inscrición nesta xornada inclúe o café de recepción e o xantar.
Abogacía, Arquitectos, Procuradores y Arquitectos Técnicos trasladan a la ministra Saiz la urgencia de culminar el reglamento de la Pasarela
Declaración institucional
El Consejo General de la Abogacía Española, el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España, y el Consejo General de la Arquitectura Técnica de España han trasladado a la ministra de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, Elma Saiz, la necesidad de avanzar con la máxima celeridad en el desarrollo reglamentario de la Pasarela al Régimen Especial de Trabajadores Autónomos (RETA) con el objetivo de culminar cuanto antes su tramitación y garantizar una regulación que ofrezca seguridad jurídica a los profesionales afectados. read more…
Día Mundial da Arquitectura Ferrol 2026 – Conferencia CARBAJO BARRIOS
Un ano máis, todos os arquitectos do mundo están chamados a celebrar o Día Mundial da Arquitectura e o Hábitat. O lema deste ano “A vivenda é un dereito” busca poñer o foco no que a arquitectura pode aportar en garantir un fogar digno para todas as persoas. read more…
#COAGconta: “Claves para a prescrición e o deseño en Pedra Natural”
O próximo mércores, 21 de outubro ás 12:00, terá lugar o próximo COAGconta sobre o Granito. Nesta xornada, Nuria Sánchez achegaranos as ferramentas e os coñecementos técnicos necesarios para unha correcta prescrición da pedra natural en proxectos de interior e exterior.
Ao longo do webinar abordaranse aspectos fundamentais como a selección dos materiais, as súas variedades e acabados, a incorporación da pedra natural ao Prego de Prescricións Técnicas Particulares (PPTP), a documentación obrigatoria en obra e a interpretación técnica dos ensaios de laboratorio.
Así mesmo, presentaranse pautas xerais de deseño construtivo orientadas a optimizar as prestacións técnicas, a durabilidade e as posibilidades estéticas da pedra natural nos proxectos arquitectónicos.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ ligazón]
Dispoñible a gravación da conferencia de Ameneiros Rey – Ciclo Próximos 2026
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia do estudio Ameneiros Rey, celebrada o pasado 16 de setembro, dentro do ciclo Próximos 2026. read more…
Concurso de proxectos para a rehabilitación do Edificio Claustral do Pazo de Arenaza, en Oleiros
O presente concurso ten como finalidade seleccionar a mellor proposta de rehabilitación do edificio claustral do Pazo de Arenaza para a ampliación do seu espazo de traballo colaborativo. A Deputación provincial da Coruña busca, a través deste anteproxecto, dispor de novos de espazos de coworking de calidade, cun deseño contemporáneo, que se integren de maneira harmoniosa no edificio claustral do Pazo de Arenaza e establezan unha correcta relación coa edificación principal do devandito pazo. read more…
Pulpada de San Froilán do COAG Lugo 30 outubro
¡Vémonos na Pulpada de San Froilán do COAG Lugo! 

Estimados compañeiros e compañeiras:
Queremos que este San Froilán sexa un punto de encontro para todos e todas, unha oportunidade perfecta para reencontrarnos, poñernos ao día e compartir un bo momento arredor dunha boa mesa.
Prezo especial: 22 € por colexiado/a (Menú valorado en 42 € | O COAG Lugo subvenciona 20 €)
Prezo acompañantes non colexiados/as: 42 € persoa. read more…
Piñeiros26 | Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia. Inscrición
O COAG dispón de 10 convites para asistir a Piñeiros26, o Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia
O vindeiro 20 de outubro celebrarase no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) unha nova edición de Piñeiros26, a cita anual de referencia organizada pola Fundación Arume arredor da cadea de valor da madeira e os montes galegos.
Nesta edición, o evento terá como país convidado a Finlandia, referente internacional cunha dilatada traxectoria e vangarda técnica na xestión forestal sostible e no emprego estrutural e construtivo da madeira, un ámbito de especial interese para a práctica arquitectónica contemporánea.
Grazas á colaboración coa Fundación Arume, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dispón de 10 convites gratuítos dirixidos aos colexiados e colexiadas interesados en asistir á xornada.
Como acceder aos convites (prazas limitadas)
As prazas outorgaranse por estrita orde de rexistro ata esgotar os 10 convites dispoñibles, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes:
- Acceder á plataforma a través da seguinte [Ligazón de inscrición].
- Introducir o código de bloque: BLQ-4CO0YZ
- Completar os datos persoais solicitados.
Unha vez confirmada a praza, a organización enviará un correo electrónico cun código QR identificativo, o cal deberá presentarse o día do evento no control de accesos do Edificio Fontán.
Consulte o [programa completo] da xornada.
Faladoiro de arquitectura + magosto colexial
O mércores 28 de outubro, ás 18:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arqutictos de Galicia, terá lugar un fabuloso Faladoiro de Arquitectura ao que seguirá un rico Magosto colexial!!! read more…
Visita guiada ao Hostal dos Reis Católicos
A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza o vindeiro luns 26 de outubro, ás 18:30 horas, unha visita guiada ao Hostal dos Reis Católicos, unha oportunidade para coñecer de primeira man os criterios de intervención e as solucións técnicas aplicadas na restauración deste emblemático edificio histórico. read more…
Visita Clúster da Pizarra | Xoves 22 de outubro
O próximo xoves, 22 de outubro, farase unha visita ás instalacións do Clúster da Pizarra en Sobradelo de Valdeorras para achegar aos profesionais o proceso extractivo e transformador deste material de referencia na construción. Punto de encontro e benvida A xornada...
Abogacía, Arquitectos, Procuradores y Arquitectos Técnicos trasladan a la ministra Saiz la urgencia de culminar el reglamento de la Pasarela
Declaración institucional El Consejo General de la Abogacía Española, el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España, y el Consejo General de la Arquitectura Técnica de España han trasladado a la ministra de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones,...
Día Mundial da Arquitectura Ferrol 2026 – Conferencia CARBAJO BARRIOS
Un ano máis, todos os arquitectos do mundo están chamados a celebrar o Día Mundial da Arquitectura e o Hábitat. O lema deste ano “A vivenda é un dereito” busca poñer o foco no que a arquitectura pode aportar en garantir un fogar digno para todas as persoas. Con motivo...
#COAGconta: “Claves para a prescrición e o deseño en Pedra Natural”
O próximo mércores, 21 de outubro ás 12:00, terá lugar o próximo COAGconta sobre o Granito. Nesta xornada, Nuria Sánchez achegaranos as ferramentas e os coñecementos técnicos necesarios para unha correcta prescrición da pedra natural en proxectos de interior e...
Dispoñible a gravación da conferencia de Ameneiros Rey – Ciclo Próximos 2026
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia do estudio Ameneiros Rey, celebrada o pasado 16 de setembro, dentro do ciclo Próximos 2026. ENLACE Á GRAVACIÓN.
Concurso de proxectos para a rehabilitación do Edificio Claustral do Pazo de Arenaza, en Oleiros
O presente concurso ten como finalidade seleccionar a mellor proposta de rehabilitación do edificio claustral do Pazo de Arenaza para a ampliación do seu espazo de traballo colaborativo. A Deputación provincial da Coruña busca, a través deste anteproxecto, dispor de...
Pulpada de San Froilán do COAG Lugo 30 outubro
¡Vémonos na Pulpada de San Froilán do COAG Lugo! Estimados compañeiros e compañeiras: Queremos que este San Froilán sexa un punto de encontro para todos e todas, unha oportunidade perfecta para reencontrarnos, poñernos ao día e compartir un bo momento arredor dunha...
Piñeiros26 | Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia. Inscrición
O COAG dispón de 10 convites para asistir a Piñeiros26, o Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia O vindeiro 20 de outubro celebrarase no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) unha nova edición de Piñeiros26, a...
Faladoiro de arquitectura + magosto colexial
O mércores 28 de outubro, ás 18:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arqutictos de Galicia, terá lugar un fabuloso Faladoiro de Arquitectura ao que seguirá un rico Magosto colexial!!! Participarán no Faladoiro 5 equipos de arquitectura: Pablo...
Visita guiada ao Hostal dos Reis Católicos
A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza o vindeiro luns 26 de outubro, ás 18:30 horas, unha visita guiada ao Hostal dos Reis Católicos, unha oportunidade para coñecer de primeira man os criterios de intervención e as...