Piñeiros26 | Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia. Inscrición

13 Out 2026

O COAG dispón de 10 convites para asistir a Piñeiros26, o Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia

O vindeiro 20 de outubro celebrarase no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) unha nova edición de Piñeiros26, a cita anual de referencia organizada pola Fundación Arume arredor da cadea de valor da madeira e os montes galegos.

Nesta edición, o evento terá como país convidado a Finlandia, referente internacional cunha dilatada traxectoria e vangarda técnica na xestión forestal sostible e no emprego estrutural e construtivo da madeira, un ámbito de especial interese para a práctica arquitectónica contemporánea.

Grazas á colaboración coa Fundación Arume, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dispón de 10 convites gratuítos dirixidos aos colexiados e colexiadas interesados en asistir á xornada.

Como acceder aos convites (prazas limitadas)

As prazas outorgaranse por estrita orde de rexistro ata esgotar os 10 convites dispoñibles, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes:

  1. Acceder á plataforma a través da seguinte [Ligazón de inscrición].
  2. Introducir o código de bloque: BLQ-4CO0YZ
  3. Completar os datos persoais solicitados.

Unha vez confirmada a praza, a organización enviará un correo electrónico cun código QR identificativo, o cal deberá presentarse o día do evento no control de accesos do Edificio Fontán.

Consulte o [programa completo] da xornada.

Compartir