Categoría

Versión consolidada comentada e fichas gráficas de deseño. Actualización 04 | 06 | 26

Versión consolidada comentada e fichas gráficas de deseño. Actualización 04 | 06 | 26

Actualización 04 | 06 | 26   Está dispoñible unha nova publicación NHV que inclúe a versión consolidada comentada das normas e as fichas gráficas de deseño de edificios de vivendas.


O pasado 15 de setembro foi publicado no DOG o Decreto 128/2023, de 7 de setembro, polo que se modifica o Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

Esta modificación das NHV, que entrou en vigor o 15 de outubro, non é de aplicación obrigatoria aos proxectos visados de acordo ca normativa anterior, nin a aqueles cos que se solicitou licenza nun prazo máximo de tres meses dende a súa entrada en vigor. Pero, a aqueles proxectos que soliciten licenza dende o 15 de xaneiro de 2024 esta modificación xa lles resulta de aplicación obrigatoria.

Os comentarios oficiais e as fichas de deseño son ferramentas de gran axuda á hora de proxectar as vivendas segundo as NHV; podes acceder desde o apartado de modelos da web do COAG, ou descargalas desde aquí:

Publicación NHV LIGAZÓN


 

NOTA: De detectarse algún erro, rogamos poñádelo en coñecemento do colexio a través do panel de consultas no apartado de edificación. 

Conferencia de Javier Gil. Xeración inquilina. Un novo paradigma de vivenda para acabar coa desigualdade

Conferencia de Javier Gil. Xeración inquilina. Un novo paradigma de vivenda para acabar coa desigualdade

O mércores 17 de xuño, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Xeración inquilina. Un novo paradigma de vivenda para acabar coa desigualdade que será impartida polo doutor en socioloxía e investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Javier Gil, membro do Grupo de Estudios Críticos Urbanos (GECU) da UNED e referencia imprescindible en España no estudo da problemática da vivenda. read more…

Oferta de emprego pública

Oferta de emprego pública

A 15 Zona da Garda Civil realiza unha solicitude os interesados para proporcionar orzamento de honorarios profesionais. O obxecto do contrato é a elaboración dun informe técnico sobre patoloxías e deficiencias nas fachadas de parte dos seus inmobles en rúa Médico Devesa Núñez 3 da Coruña.
read more…

Resultado da convocatoria aberta de búsqueda de proxectos para o nº 36 de Obradoiro_ Prospectiva 2: URBANIDADES

Resultado da convocatoria aberta de búsqueda de proxectos para o nº 36 de Obradoiro_ Prospectiva 2: URBANIDADES

Acta do xurado da Open Call para a selección de proxectos para a súa publicación física e dixital no número 36 de Obradoiro Revista de Arquitectura e Urbanismo de Galicia, 2026.

Composición do xurado:

  • D.ª Lucía Millet de Ferrater (Cierto Estudio).
  • D. Enrique Arenas Laorga (Arenas Basabe Palacios).
  • D. Manuel Bouzas Barcala (Editor de Obradoiro).
  • D.ª María Fandiño Iglesias (Editora de Obradoiro).
  • D. Roi Salgueiro Barrio (Editor de Obradoiro).
  • D.ª Teresa Sánchez Táboas (Editora de Obradoiro).

Actuacións do xurado

Trala finalización do prazo de presentación de propostas o 30 de abril de 2026 ás 23.59 CET, compróbase que á convocatoria pública de proxectos, presentáronse en tempo e forma un total de 40 propostas.

Unha vez finalizado dito prazo, os editores Manuel Bouzas Barcala, María Fandiño Iglesias, Roi Salgueiro Barrio e Teresa Sánchez Táboas, remiten ós restantes membros do xurado a documentación correspondente das 40 obras.

Considerase que estes 40 proxectos responden ó obxectivo: Prospectiva II_Urbanidades, céntrase no estudo das transformacións urbanas que están a redefinir Galicia.

A prioridade recae nos proxectos colectivos capaces de crear espazo común, activar relacións sociais e funcionar como infraestrutura cívica: equipamentos, espazos públicos, conexións ou intervencións que articulen social e territorialmente o seu contorno.

Interesan especialmente obras que establezan unha relación activa co contexto galego: urbano, periurbano ou rural; entendendo a urbanidade como construción do colectivo en múltiples escalas.

Procúrase uma arquitectura que dialogue co territorio e que permita novas formas de apropiación social, reforzando a vida comunitaria en Galicia.

O 21 de maio de 2026, ás 16:00 horas, o xurado reúnese mediante videoconferencia, tras ter estudiado previamente as propostas, co obxectivo de escoller as publicacións do Open Call.

Tódolos membros do Xurado tiveron acceso previo ó contido das propostas presentadas, ó ter recibida a documentación vía Google Drive polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

Durante a reunión, o xurado acepta traballar sobre os 40 proxectos recibidos pola convocatoria aberta. Estes propón iniciar o procedemento de selección, consistente nun sistema de discusión e rondas de selección, baseados nos criterios curatoriais definidos na convocatoria da Open Call.

Aceptase realizar unha primeira ronda de selección de 20 traballos. Durante a deliberación recoñécese positivamente a calidade de tódolos traballos presentados, e considerase que algunhas propostas responden de xeito máis adecuado á noción de “Urbanidades” descrita nas bases da Open Call.

Recibidas (40 Propostas)

Nome do Estudio / Autores Título do proxecto
1 Alexandre Mouriño Fernández e AM2 ARQUITECTOS Halo
2 FIRM, Daniel Gómez Magide e Adrián López Rancaño Centro Cultural Forges
3 FIRM, Daniel Gómez Magide e Adrián López Rancaño Centro Social Muimenta
4 MOL Arquitectura, Cecilia López Muiños e Juanjo Otero Vázquez Guía de Ecoaloxamentos
5 MOL Arquitectura, Cecilia López Muiños e Juanjo Otero Vázquez Praza de Xacebáns
6 LCG Arquitectura, Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo Espazo público no Mercado de San Agustín
7 Abraham Castro As Baratas nº20
8 Tapia Figueiras, Marco Tapia López e Carmen Figueiras Lorenzo Oficina Agraria Comarcal e Base de Unidade Operativa en Meira, Lugo
9 N.U.L.A. Estudio, Laia Cervelló e Miguel Fernández-Galiano Centro Social de Goiáns
10 estudioHerreros, Juan Herreros e Jens Richter Estación de Tren y Pasarela Peatonal de Santiago de Compostela
11 Fuertes-Penedo arquitectos, Óscar Fuertes Dopico, Iago Fernández Penedo Rehabilitación de las Carpinterías de Ribera de A Seara
12 Fuertes-Penedo arquitectos, Óscar Fuertes Dopico, Iago Fernández Penedo Rehabilitación do estaleiro tradicional de Ciprián en Outes
13 Ameneiros Rey, Santiago Rey Conde e Ismael Ameneiros Rdez. Piscina de O Couto
14 Martín Barreiro Cruz Rúas Azuis Periurbanas
15 PLP Atelier, Pablo López Prol Rehabilitación Fondodevila
16 MARXE A +T, Natalia Alvaredo, Javier Rocamonde e Aurora Gil A Cormelá
17 rellam estudio, Xevi Lluch Díaz, Lluis Juan Liñán e Andrea Gimeno Sánchez Casa ID y Taller Grau
18 Óscar Pedrós Fernández e Roberto Costas Pérez Tresskateparks
19 E3 Arquitectos, Francisco Javier Carballo Pérez e Juan Taboada Castro Centro Social en Villarrodís, Arteixo
20 Müller Feijoo, Estefanía Vázquez Müller e Roi Feijoo Rehabilitación de Edificio para o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional
21 Glez-Cebrián PBM Concello de Porqueira
22 Carbajo Barrios, Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide Alto Residencial Coop
23 Carbajo Barrios, Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide Cornes Espacio Residencial
24 Ábalo Alonso, Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso Gaio 7
25 Ábalo Alonso, Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso Centro de salud Abegondo
26 Antonio Taboada López Parque Periurbano Berce do Sar
27 Antonio Taboada López Parque Periurbano Monte Pedroso
28 PLP Atelier, Pablo López Prol Reconstrucción Muimenta
29 LIQE Arquitectura, Javier Couto Granja Subida ao Castelo
30 Celsa Pesqueira Sánchez Castillito
31 Díaz y Díaz Arquitectos SLP, Lucas Díaz Sierra e Gustavo Díaz García 4 Edificios de Viviendas Sociales en Valdecorvos, Pontevedra
32 Taller de Estrategias Ciudadanas, Valerio González Somoza, David Río González, Fiz Seixo Vázquez e Roi García Camba Deseño e Implementación do Plan Director de Baños Vellos, Carballo
33 rodriguez+pintos arquitectos, Santiago Pintos Ordenación del Recinto Monacal y Encuentro Costero del Real Monasterio de Oia
34 Villacé y Cominges, José Javier Villacé e Martín de Cominges Casa Torre
35 Gabriel Alarcón Sabarís, Miguel Estevez Gómez e Luciano González Domínguez Reforma de Escuela Unitaria en desuso a Viviendas Sociales
36 Irisarri + Piñera, Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso Obra Nueva y Rehabilitación de edificio para Viviendas, Locales y garajes en Marqués de Valladares 39-41 y 43. Vigo
37 ESTÉVEZeGONZÁLEZ arquitectos slp, Miguel Estevez Gómez e Luciano González Domínguez Renaturalización mirador de la Peixeira y subida al Campo de San Roque
38 Carlos Seoane González Rehabilitación de los Espacios Públicos de Nebra, Porto do Son
39 Javier Reboreda Fernández Sombrereiros 6
40 Irisarri + Piñera, Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso Rehabilitación Mercado Municipal de Betanzos

O xurado, tras unha evaluación pormenorizada de tódalas propostas presentadas, comeza un debate sobre a selección dos proxectos máis alineados co número editorial, quedando como propostas finalistas a ser publicadas en papel por decisión unánime do Xurado as seguintes 12 propostas identificadas polos seus autores:

Selección Final (12 Publicacións en Papel e Dixital)

Nome do Estudio / Autores Título do proxecto
1 Alexandre Mouriño Fernández e AM2 ARQUITECTOS Halo
3 FIRM, Daniel Gómez Magide e Adrián López Rancaño Centro Social Muimenta
9 N.U.L.A. Estudio, Laia Cervelló e Miguel Fernández-Galiano Centro Social de Goiáns
10 estudioHerreros, Juan Herreros e Jens Richter Estación de tren y pasarela peatonal de Santiago de Compostela
11 Fuertes-Penedo arquitectos, Óscar Fuertes Dopico, Iago Fernández Penedo Rehabilitación de las Carpinterías de Ribera de A Seara
13 Ameneiros Rey, Santiago Rey Conde e Ismael Ameneiros Rdez. Piscina de O Couto
14 Martín Barreiro Cruz Rúas Azuis Periurbanas
19 E3 Arquitectos, Francisco Javier Carballo Pérez e Juan Taboada Castro Centro Social en Villarrodis, Arteixo
20 Müller Feijoo, Estefanía Vázquez Müller e Roi Feijoo Rehabilitación de Edificio para o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional
21 Glez-Cebrián PBM Concello de Porqueira
23 Carbajo Barrios, Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide Cornes Espacio Residencial
36 Irisarri + Piñera, Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso Obra nueva y rehabilitación de edificio para viviendas, locales y garajes en Marqués de Valladares 39-41 y 43. Vigo

En concordancia co proxecto editorial presentado no concurso da revista Obradoiro, e ás características do número 36 Urbanidades, acórdase seleccionar 12 proxectos para a súa publicación en papel e dixital.

A data da sinatura electrónica,

Asinado dixitalmente polos membros do xurado:

  • Lucía Millet de Ferrater (Cierto Estudio)
  • Enrique Arenas Laorga (Arenas Basabe Palacios)
  • Manuel Bouzas Barcala (Editor de Obradoiro)
  • María Fandiño Iglesias (Editora de Obradoiro)
  • Roi Salgueiro Barrio (Editor de Obradoiro)
  • Teresa Sánchez Táboas (Editora de Obradoiro)
Deputación da Coruña – lista provincial persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes

Deputación da Coruña – lista provincial persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes

No BOP A Coruña de 28 de maio, aparece o anuncio da Deputación Provincial da Coruña polo que se publican as Bases do proceso selectivo destinado á elaboración dunha lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes (Grupo A1, escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores). read more…

ATLANTÍA, virando o rumbo da Arquitectura

ATLANTÍA, virando o rumbo da Arquitectura

O evento ATLANTÍA pretende reunir, nunha xornada que se estenderá durante todo o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións diferentes, e con perfís profesionais tamén moi diversos. Un evento que pretende continuar no tempo, amosando o traballo, implicación e diversidade de tantas profesionais arquitectas e que aspira tamén a descubrir e servir de plataforma para aquelas máis novas.

O emprazamento elixido, o Náutico de San Vicente,  á beira da Praia da Barrosa e do Océano Atlántico, non é casual. Búscase que o evento emule o fenómeno da experiencia en vivo, e que reserve certo grao de sorpresa nas participacións e relatorios que terán lugar ese día, todo cun carácter distendido, a modo de festival da arquitectura, onde a praia permitirá eses momentos de descanso e relaxación entre ponencias.

Arquitectas proxectistas, urbanistas, músicas, ilustradoras, divulgadoras…todas estarán alí representadas e o público será fundamental para que a experiencia sexa completa, dinámica e enriquecedora.

A xornada desenvolverase durante todo o día (de 9:30h a 21:00h),  pola mañá  con 4 intervencións e mesas de debate, e pola tarde con outros 4 relatorios e mesas de debate.

Ao mediodía, entre as 13:45h e as 15:45h, para quen así o desexe, ofrecerase unha comida, fideuá de marisco ou alternativa vegana apta para persoas celíacas, por un importe de 15 euros, que poderá solicitarse previo pago no momento da inscrición e que será degustada nas instalacións (terrazas) do propio náutico.

Ás 17:00h terá lugar  unha conexión en streaming a través da canle do Consello Superior de Arquitectos de España (CSCAE), para a lectura dun libro dentro do ciclo “Espacio de Lectura con A de Arquitecta” e que acollerá ese día o COAG coa lectura e presentación, desde San Vicente, do último libro publicado da arquitecta e fotógrafa Ana Amado, “Sancti Spiritus”, acompañada da arquitecta e xestora da conta de instagram “Le Petit Patito”, Laura Pato.

Tamén está dispoñible un servizo de ludoteca/acompañamento de menores todo o día. A solicitude do servizo de ludoteca implica necesariamente a necesidade de subscribir o servizo de comida.

A asistencia ao acto requirirá inscrición previa, para garantir entrada ao mesmo, por ter espazo limitado, aínda que se permitirá o acceso ao final do mesmo para desfrutar da actuación musical sorpresa que pechará o evento. Cada persoa inscrita podera levar a unha persoa acompañante.  En caso de usar o servizo de ludoteca, cada persoa inscrita poderá inscribir aos rapaces que precisen.

As persoas interesadas en asistir deberán comunicar a súa asistencia á maior brevidade posible e, en todo caso antes das 23:59 horas do vindeiro día 14 de xuño de 2026, cubrindo o formulario dispoñible no seguinte ENLACE

Cualedro acollerá “O Ciclo do Lume”, unha xornada de reflexión sobre incendios forestais, territorio e ecoloxía

Cualedro acollerá “O Ciclo do Lume”, unha xornada de reflexión sobre incendios forestais, territorio e ecoloxía

O vindeiro 14 de xuño de 2026, a Aula Arqueolóxica Antonio Rodríguez Colmenero de Cualedro acollerá “O Ciclo do Lume”, unha iniciativa promovida polo Colectivo Costa Oeste que propón unha reflexión ampla arredor dos incendios forestais, a ecoloxía do lume e a relación entre territorio, comunidade e paisaxe.

O proxecto conta co financiamento da área de Cultura do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e desenvólvese en colaboración co Concello de Cualedro, a Comunidade de Montes de Cualedro e a Asociación de Veciños de Lucenza.

“O Ciclo do Lume” nace coa vontade de abrir un espazo de aprendizaxe, debate e acción arredor dos conflitos ambientais e sociais xerados polos incendios forestais. Ao longo da xornada abordarase a problemática dos incendios forestais desde diferentes disciplinas como a ecoloxía do lume, o desenvolvemento territorial, a fotografía, a veracidade científica, a ciencia cidadá e a educación ambiental, combinando coñecemento científico, experiencias de participación comunitaria e ferramentas de reflexión sobre o territorio.

A iniciativa busca analizar as causas estruturais dos megaincendios, dar visibilidade a modelos de restauración ecolóxica e xestión comunitaria do monte e fomentar unha mirada crítica sobre os desafíos ambientais que afectan ás paisaxes rurais galegas. Ao mesmo tempo, reivindica o papel da arquitectura e da planificación territorial fronte aos efectos do cambio climático.

Entre as persoas relatoras participantes atópanse Fran García, de Territorio Raso, quen abordará a paisaxe galega en mosaico; Iván Pérez, de SaviaNova, cun relatorio centrado na ecoloxía do lume; o fotógrafo Brais Lorenzo, que presentará o proxecto “Terra Queimada”; e Ramsés Pérez, de ADEGA, quen falará sobre voluntariado e accións para a recuperación ambiental.

A programación completarase con dúas visitas de campo dedicadas ás boas prácticas na custodia do territorio, coa participación da Comunidade de Montes de Cualedro e da Asociación de Veciños de Lucenza, que compartirán experiencias locais de prevención e xestión sostible do monte.

As actividades están dirixidas tanto á poboación local como a persoas interesadas na ecoloxía, a arquitectura, a paisaxe e a xestión territorial. A organización aposta ademais por un formato próximo e participativo, cun grupo reducido de asistentes para favorecer o intercambio de experiencias e o diálogo entre participantes, polo que as prazas serán limitadas.

O prazo de inscrición xa está aberto e será imprescindible realizar inscrición previa mediante mensaxe directa ou a través do correo electrónico

informacion.costaoeste@gmail.com.

[+Formulario de inscrición]

Programa

Domingo 14 de xuño

Relatorios

  • 11:00 h | A paisaxe galega en mosaico — Fran García (Territorio Raso) 11:30 h | A ecoloxía do lume — Iván Pérez (SaviaNova)
  • 12:00 h | Pausa café
  • 12:30 h | Terra Queimada — Brais Lorenzo
  • 13:00 h | Voluntariado e accións para a recuperación — Ramsés Pérez (ADEGA)

14:00 h | Xantar

Boas prácticas na custodia do territorio (visita de campo)

  • 16:00 h | Bosque Celta. Plan estratéxico do monte comunal — Comunidade de Montes de Cualedro
  • 17:30 h | Chairas e A Veiga: estratexias de prevención — Asociación de Veciños de Lucenza
Versión consolidada comentada e fichas gráficas de deseño. Actualización 04 | 06 | 26

Versión consolidada comentada e fichas gráficas de deseño. Actualización 04 | 06 | 26

Actualización 04 | 06 | 26   Está dispoñible unha nova publicación NHV que inclúe a versión consolidada comentada das normas e as fichas gráficas de deseño de edificios de vivendas. O pasado 15 de setembro foi publicado no DOG o Decreto 128/2023, de 7 de setembro,...

Oferta de emprego pública

Oferta de emprego pública

A 15 Zona da Garda Civil realiza unha solicitude os interesados para proporcionar orzamento de honorarios profesionais. O obxecto do contrato é a elaboración dun informe técnico sobre patoloxías e deficiencias nas fachadas de parte dos seus inmobles en rúa Médico...

Deputación da Coruña – lista provincial persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes

Deputación da Coruña – lista provincial persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes

No BOP A Coruña de 28 de maio, aparece o anuncio da Deputación Provincial da Coruña polo que se publican as Bases do proceso selectivo destinado á elaboración dunha lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos...