Día Mundial da Arquitectura Ferrol 2026 – Conferencia CARBAJO BARRIOS

16 Out 2026

Un ano máis, todos os arquitectos do mundo están chamados a celebrar o Día Mundial da Arquitectura e o Hábitat. O lema deste ano “A vivenda é un dereito” busca poñer o foco no que a arquitectura pode aportar en garantir un fogar digno para todas as persoas.

Con motivo desta celebración, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza, en colaboración co Concello de Ferrol e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, unha conferencia titulada “Vivenda Colectiva 2011-2025. Entre a crise financeira e a crise habitacional”, na que contaremos coa intervención dos nosos compañeiros Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide (CARBAJO BARRIOS). Na conferencia explicarán catro obras de vivenda colectiva que se concatenaron no tempo despois do estalido da burbulla en 2008 ata 2025.

O acto terá lugar o xoves 22 de outubro de 2026, ás 19,30 horas, no Antigo Hospicio Municipal de Ferrol (Rúa Méndez Núñez, 11). O acceso á conferencia é libre e gratuíto. Ao terminar a conferencia compartiremos uns petiscos.

BIO

Carbajo Barrios é un despacho profesional fundado en Santiago de Compostela polos arquitectos Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide.

O despacho inicia a súa actividade no ano 2000 co encargo da reforma do antigo Cine Capitol de Santiago para a súa conversión en sala de concertos. Nos anos seguintes, desenvolve proxectos de pequena escala e diversa tipoloxía, que permiten consolidar a súa práctica profesional. A partir de 2007, centra gran parte da súa actividade no desenvolvemento de proxectos de vivenda colectiva en Galicia, tanto en réxime libre como en cooperativa.

A súa obra recibiu o Premio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en 2017, 2019, 2023 e 2025, así como o Premio Galego de Arquitectura da Xunta de Galicia en 2023 e 2025. Tamén foi seleccionada nos EUmies Awards 2026, el Premio ENOR 2023, los Premios Hispalyt 2021-2023, la BIAU, la BEAU y los Premios FAD 2015.

Actualmente, completan o equipo de traballo David Camiño Quintela, Laura Pardo Ponte e Alejandro Calviño Pérez.

Compartir