Presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2023

24 Xan 2023

Tal e como se anuncia na Circular 2 2023, o pasado 9 de xaneiro saíu publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2022 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023.

Toda vez que na base terceira do seu Anexo I, establécese que a presentación das candidaturas serán feitas polas entidades con representación no xurado, a Xunta de Goberno na súa sesión 1/2023 de 12 de xaneiro adoptou o acordou de establecer un procedemento para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, fixando un prazo límite de entrega. Todas as propostas que se reciban, sempre e cando cumpran cos requisitos da convocatoria e do procedemento, serán presentadas como propostas aos premios por parte do COAG.

. Modalidade de premios e mencións.

Conforme ao indicado na RESOLUCIÓN do 27 de decembro indicada, establécense as seguintes modalidades de premios:

  • Premio galego de arquitectura. Referente a edificacións de nova planta ou ampliación (sempre que esta teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente á construción orixinal), con un premio: 6.000,00 €
  • Premio galego de rehabilitación. Referente a edificacións rehabilitadas relativas a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente, con un premio de 6.000,00 €.
  • Premio especial á sustentabilidade. O xurado poderá outorgar premios na categoría especial de Sustentabilidade, referente a aquela actuación que supoña a implementación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras, con un premio de 6.000,00 €.

Publicación 13/2/2023

ENLACE Á PLATAFORMA DE PRESENTACIÓN.

Máis información.

Compartir