Xa se atopa dispoñible a plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2023.
As obras presentadas deberán estar totalmente rematadas entre o 1 de xaneiro do 2020 e o 31 de decembro do 2022.
BASES
As bases da convocatoria do procedemento de presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2023 integradas pola circular 2/2023 e pola presente comunicación
DOCUMENTACIÓN
Unha cuestión importante a ter en conta á hora de presentar candidaturas, é que sempre prevalecerán os requisitos documentais especificados na plataforma de presentación.
Neste sentido, nas categorías que se indique expresamente, será preciso aportar a documentación indicada.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
O colexiado autor que presente a proposta na plafaforma, deberá indicar que coñece e acepta as bases e que autoriza o tratamento dos seus datos nos termos indicados nas bases.
En caso de que a obra teña varios autores, o que realice a presentación deberá engadir ao resto de colexiados autores, actuando como o seu representante aos efectos de presentación e de aceptación dos termos da convocatoria, indicando expresamente que conta coa súa autorización para proceder á presentación e que manifestan o seu coñecemento e aceptación das bases.
Rematado prazo de presentación, todos os autores que figuren en cada candidatura, realizaran a presentación ou non, recibirán un correo electrónico comunicando o rexistro da candidatura e indicando que, salvo indicación expresa, a mesma será revisada nos termos presentados. Este aviso non implica que a candidatura sexa completa ou válida, o cal será determinado posteriormente na revisión de propostas.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS
O prazo de presentación das propostas remata ás 13:59 horas do venres 17 de marzo de 2023.
O acceso á plataforma de presentación está dispoñible no seguinte ENLACE
Lémbrase que co fin de evitar os posibles problemas de subida que poidan suceder nos equipos desde os que se sube a información e documentación á plataforma (funcionamento, rede…), fanse as seguintes indicacións:
- Recoméndase non subir a documentación das súas propostas nas últimas horas de prazo.
- Recoméndase subir a documentación de modo progresivo, a medida que a teñan elaborada e non toda dunha vez.
- Lémbrase que a plataforma permite ir engadindo e modificando a proposta dentro do prazo de presentación, así como acceder en cada momento á previsualización da proposta.