O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza novamente este ano, en colaboración coa EGAP, a edición 2022-2023 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo. Este curso ten como obxectivo que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo. Para ese efecto se parte da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.
Nos próximos días publicaremos a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores, que podería ser obxecto de pequenos axustes e cuxa versión definitiva se publicará coa apertura da matrícula.
No caso de que esteas interesado en matricularte no Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG-EGAP 2022-2023, e queras que che avisemos no momento no que se publique a programación e no momento no que se abra a matrícula, por favor enche o seguiente formulario.
Recoñecementos oficiais:
O curso está homologado pola Escola Galega de Administración Pública e valorado con 1,5 puntos en convocatorias oficiais.
Datas e lugar de celebración:
O curso desenvolverase en modalidade presencial, nas aulas da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela. No programa indícanse as datas e horario previsto para cada unha das xornadas.
Terá unha duración de 350 horas que se distribuirán a razón de oito horas por semana, ordinariamente os xoves de 10.00 h. a 14.15 h. e de 15.45 h. a 20.00 h. A apertura oficial do curso está programada para o luns 10 de xaneiro e as clases comenzarán o xoves 13 de xaneiro.
Matriculación:
O prazo de matrícula abrirase coa publicación da convocatoria oficial no DOGA, que está prevista as próximas semanas. No momento en que dita publicación sexa efectiva, vos informaremos a través dos medios habituais. Permanecerá aberto ata o día 30 de decembro de 2021 ou ata esgotarse as 40 prazas dispoñibles.
Os importes de matrícula son os seguintes:
– Matrícula ordinaria: 3.350 euros
– Colexiados: 2.950 euros
– Colexiados subscritos ao servizo de formación: 2.150 euros*
– Empregados públicos con dereito a bonificación: 2.150 euros
(*) Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2021, podedes solicitar a subscrición no seguinte enlace: http://www.coag.es/profesion/atenciontelematica/ (nova consulta)
Modalidades de pago:
O importe de matrícula poderá facerse efectivo nun único pago, ou ben fraccionarse en dous prazos:
– O 60% no momento da formalización da inscrición.
– O 40% no mes de marzo de 2022
Os alumnos que opten por facer efectivo o importe total nun único pago, terán unha bonificación adicional dun 5% sobre o importe de matrícula correspondente.
Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: a través do panel de servizos do COAG, sección de Formación, no seguinte ENLACE
- Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org, no seguinte ENLACE
Advertencia: A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.