En atención á solicitude realizada polo COAG, procedeuse á ampliación, en 10 días naturais, do prazo de presentación de propostas ao Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación do edificio de xulgados situado na rúa Lalín de Vigo.
Na páxina de contratos de Galicia aparece o anuncio, de data 13 de decembro, coa seguinte
RESOLUCIÓN
Primeuiro.- Ampliar en 10 días naturais o prazo para a presentación de propostas no concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto, para a rehabilitación do edificio de xulgados situado na rúa Lalín de Vigo para uso de asociacións e entidades sociais, no marco do plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión Europea (nextgeneration UE), sendo a nova data de fin de prazo o 9 de xaneiro de 2023 ás 14,00 h. coa conseguinte modificación da data prevista para a apertura das propostas.