RECORDATORIO Reorganización de servizos colexiais durante o mes de agosto 2021.

28 Xul 2021

Tal e como se informou anteriormente nesta web colexial, a Xunta de Goberno determinou unha serie de medidas para reorganizar os servizos colexiais  durante o verán 2021. Lémbrase que, entre outras cuestións, estableceuse  que a atención presencial das oficinas colexiais ata o 1 de outubro realizarase os luns, mércores e venres, salvo as excepcións que se indican (actualizado a 28/07/2021).

A ATENCIÓN PRESENCIAL DAS OFICINAS COLEXIAIS, entre o 2 de agosto e o 1 de outubro realizarase conforme ás seguintes indicacións:

  1. A ATENCIÓN PRESENCIAL REALIZARASE PREFERENTEMENTE CON CITA PREVIA CONCERTADA.
  2. Establecer que as oficinas colexiais de Pontevedra e Ferrol terán atención presencial un único día á semana nos períodos que se indican:

b. Pontevedra do 16 ao 27 de agosto (ambos inclusive), a atención presencial producirase os seguintes días:

    • Mércores 18 de agosto.
    • Mércores 25 de agosto.

c. Ferrol do 2 ao 27 de agosto (ambos inclusive) e do 11 ao 15 de outubro (ambos inclusive), a atención presencial producirase os seguintes días:

    • Mércores 4 de agosto.
    • Mércores 11 de agosto.
    • Mércores 18 de agosto.
    • Mércores 25 de agosto
    • Mércores 13 de outubro.

3. Establecer días sen atención presencial en cada delegación ata o 1 de outubro, segundo as circunstancias específicas de cada unha, o que será determinado pola Secretaria colexial. Neste sentido, establécense os seguintes días sen atención presencial, que poderán ser revisados pola Secretaría colexial, nas oficinas que se refiren:

    1. A Coruña: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres.
    2. Lugo: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres.
    3. Ourense: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres.
    4. Pontevedra: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres, excepto do 16 ao 27 de agosto (ambos inclusive), nos que a atención presencial realizarase conforme ao indicado no punto anterior.
    5. Vigo: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres.
    6. Santiago: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres.
    7. Ferrol: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres, excepto do 2 ao 20 de agosto (ambos inclusive) do 11 ao 15 de outubro (ambos inclusive), nos que a atención presencial realizarase conforme ao indicado no punto anterior.

4. Suspender os servizos de Biblioteca e LibrosCOAG durante o mes de agosto.

5. Recomendación de contactar co COAG a través da plataforma de consultas, para non sobrecargar ao persoal de atención telefónica.

Compartir