Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 6/2021 de 17 de xuño, adoptou o acordo de aprobar a proposta da secretaría de reorganización de servizos colexiais durante o verán 2021, que se pode consultar na circular 12/2021. Conforme ao devandito acordo, informase que, entre outras cuestións, a atención presencial das oficinas colexiais entre o 5 de xullo e o 1 de outubro realizarase os luns, mércores e venres.

Neste sentido, a ATENCIÓN PRESENCIAL DAS OFICINAS COLEXIAIS, entre o 5 de xullo e o 1 de outubro realizarase conforme ás seguintes indicacións:

  1. A ATENCIÓN PRESENCIAL REALIZARASE PREFERENTEMENTE CON CITA PREVIA CONCERTADA.
  2. Establecer que as oficinas colexiais de Ourense, Pontevedra e Ferrol terán atención presencial un único día á semana nos períodos que se indican:

a. Ourense do 1 ao 16 de xullo (ambos inclusive) e do 1 ao 14 de setembro (ambos inclusive), a atención presencial producirase os seguintes días:

    • Mércores 7 de xullo.
    • Mércores 14 de xullo.
    • Mércores 1 de setembro
    • Mércores 8 de setembro

b. Pontevedra do 16 ao 27 de agosto (ambos inclusive), a atención presencial producirase os seguintes días:

    • Mércores 18 de agosto.
    • Mércores 25 de agosto.

c. Ferrol do 2 ao 20 de agosto (ambos inclusive) e do 11 ao 15 de outubro (ambos inclusive), a atención presencial producirase os seguintes días:

    • Mércores 4 de agosto.
    • Mércores 11 de agosto.
    • Mércores 18 de agosto.
    • Mércores 13 de outubro.

3. Establecer días sen atención presencial en cada delegación entre o 5 de xullo e o 1 de outubro, segundo as circunstancias específicas de cada unha, o que será determinado pola Secretaria colexial. Neste sentido, establécense os seguintes días sen atención presencial, que poderán ser revisados pola Secretaría colexial, nas oficinas que se refiren:

    1. A Coruña: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres.
    2. Lugo: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres.
    3. Ourense: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres, excepto do 1 ao 16 de xullo (ambos inclusive) e do 1 ao 14 de setembro (ambos inclusive), nos que a atención presencial realizarase conforme ao indicado no punto anterior.
    4. Pontevedra: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres, excepto do 16 ao 27 de agosto (ambos inclusive), nos que a atención presencial realizarase conforme ao indicado no punto anterior.
    5. Vigo: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres.
    6. Santiago: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres.
    7. Ferrol: martes e xoves. Atenderá os luns, mércores e venres, excepto do 2 ao 20 de agosto (ambos inclusive) do 11 ao 15 de outubro (ambos inclusive), nos que a atención presencial realizarase conforme ao indicado no punto anterior.

4. Suspender os servizos de Biblioteca e LibrosCOAG durante o mes de agosto.

5. Recomendación de contactar co COAG a través da plataforma de consultas, para non sobrecargar ao persoal de atención telefónica.