O COAG presentou o recurso en defensa das competencias profesionais no entendemento de que algunhas funcións incluídas no posto de traballo son competencia dos Arquitectos.
Recursos
O COAG presenta recurso contencioso administrativo en relación ao proceso de estabilización de emprego público do Concello de Rubiá (praza Arquitecto).
O principal motivo do recurso centrouse na titulación esixida para participar no proceso xa que tratándose dun proceso de estabilización para unha praza de Arquitecto as bases establecen que os participantes deben ter a titulación de Arquitecto ou Arquitecto Técnico,...
O COAG presenta recurso contencioso administrativo en relación ao proceso selectivo para a cobertura de funcionarios de carreira denominada Arquitecto no concello de Miño
O principal motivo do recurso reside en que tratándose dunha praza de arquitecto funcionario establécese como requisito estar en posesión do permiso de conducir B.
O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación do concello de Lugo para adxudicar o Servizo de redacción de proxecto do Polideportivo Lugo Sport Life (Expediente: 2022/C003/000033).
Os principais motivos da impugnación foron: - Enténdese que o equipo humano mínimo esixido resulta restritivo, desproporcionado e de composición inadecuada xa que se esixía un equipo mínimo composto Arquitecto, Arquitecto Técnico e Enxeñeiro Industrial xa que resulta...
Sentenza do TSXG que estima o recurso do COAG e anula Instrución do Concello da Coruña
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 306/2022, de 18 de xullo, que estima o recurso do COAG e anula a “Instrución do Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística para delimitar as competencias legais dos arquitectos técnicos e...
O COAG presenta recurso contencioso contra resolución do Tribunal Administrativo de Galicia de 19 de agosto de 2022 desestimatoria do recurso do COAG contra os Pregos da contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e Servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo.
O Tribunal Administrativo de Galicia desestima o recurso do COAG contra os pregos da contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de atención a persoas dependentes (CRAPD 1) en Vigo.
Enlace á resolución.
O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo (Pontevedra) incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONUE” (Nº Expte 45/2022) referencia do expte CPS-2022-0014.
O motivo da impugnación foron os criterios de adxudicación ao entender que os criterios de adxudicación recolllidos no prego infrinxen o artigo 145.4 LCSP que establece que nos contratos de servizos de arquitectura, os criterios relacionados coa calidade deben...
O Concello de Cangas comunica a Resolución desestimatoria do recurso de resposición presentado polo COAG en impugnación das condicións do Contrato de menor (cm22/71) do Concello de Cangas para a contratación do servizo de redacción do proxecto de obra “Rehabilitación das Vivendas Sociais de Nazaret”, en defensa das competencias profesionais
Para máis información premer O concello na súa resolución recoñece que cometeu un erro e que o COAG tiña razón no seu recurso ao alegar a competencia exclusiva dos Arquitectos para un proxecto de rehabilitación dun edificio residencia. Non obstante, o concello...
O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación das condicións do contrato de menor (cm22/71) do Concello de Cangas para a contratación do servizo de redacción do proxecto de obra “Rehabilitación das Vivendas Sociais de Nazaret”, en defensa das competencias profesionais
Enlace ao recurso.
