Actuacións do Colexio

15-02-2022
O COAG impugnou as seguintes 5 licitacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a adxudicación de 5 contratos de servizos de redacción de proxectos e dirección de obras de edificios de vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais
10-02-2022
Alegacións presentadas polo COAG á revisión do PXOM de Vigo
19-01-2022
A Sección de admisión da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo inadmite o Recurso de Casación (nº 3112/2021) do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia contra a Sentenza 45/2021 do 9 de febreiro ditada pola Sala do Contencioso Administrativo, Sección 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Procedemento Ordinario 7198/2020 que desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de 29/01/2020 que desestimou o recurso de reposición contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo
17-01-2022
Alegacións presentadas á aprobación inicial do proxecto do Concello de Antas de Ulla en relación co Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación do Parque Central-Centro Xeográfico de Galicia
17-01-2022
O COAG presenta dous recursos de reposición: un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no Corpo Facultativo Superior da Administración Especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo a1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e ESCALA de Arquitectos; así mesmo un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no Corpo Facultativo Superior de Administración Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e escala de Arquitectos
17-12-2021
O Concello de Monterrei estima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para adxudicar o Contrato de Servizos para a Redacción do PXOM