O COAG presenta dous recursos de reposición: un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no Corpo Facultativo Superior da Administración Especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo a1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e ESCALA de Arquitectos; así mesmo un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no Corpo Facultativo Superior de Administración Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e escala de Arquitectos

Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)